Francisco Javier García Gaztelu

activista político vasco, militante de ETA

Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao (Biscaia) o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi",[1][2] entre outros. Formaba parte da "á máis dura" da banda terrorista, sen ter amosado nunca arrepentimento polos seus actos nin ter condenado os da banda.[3]

Infotaula de personaFrancisco Javier García Gaztelu
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Galdakao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xullo de 1997Secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porSecuestro
asasinato Editar o valor em Wikidata

Arrestado en 2001, cumpre varias condenas que suman uns 500 anos de cadea.[4]

Traxectoria editar

Iniciou a súa actividade criminal durante os anos 80 no «Comando Donosti», chegando a ser xefe militar da banda terrorista nos últimos anos do século XX tras a caída de "Kantauri".

Participou nun tiroteo xunto a outros membros do Comando Biscaia de ETA en agosto de 1991, no cal resultaría morto o tamén etarra Juan María Ormazábal, Tturko, así como o ertzaina, Alfonso Mentxaka. Despois deste incidente foxe á clandestinidade, realizando primeiro labores de apoio para diversos comandos e integrándose a finais do ano 1994 no comando Donosti, dirixido por Kantauri.

Segundo os expertos, "Txapote" representa a liña dura dentro de ETA, oposta á tregua de 1998.[5][6] A el atribúeselle a reestruturación operativa duns vinte comandos e o fortalecemento da actividade militar de ETA durante os meses seguintes á tregua. "Txapote" impuxo un novo sistema de organización dos comandos polos que estarían formados por tres membros liberados da organización, dos cales só dous participarían simultaneamente na comisión de atentados. O outro membro sería o encargado de limpar os pisos de probas e informar á dirección no caso de que fosen detidos os dous primeiros.

Detención e xuízo editar

A súa detención prodúcese por mor da investigación polo roubo dunha troqueladora en Irún, en novembro de 1999. Os detidos facilitaron o nome do colaborador de ETA Ibon Muñoa que nos anos anteriores proporcionou apoio loxístico ó Comando Donosti. Muñoa declarou que se entrevistou con "Txapote" en Anglet.

Esta localidade do sur de Francia sería peiteada con axuda da policía francesa até localizalo o 22 de febreiro de 2001. A detención tivo lugar á primeira hora da tarde no barrio de Sables d'Or de devandito municipio cando comía na terraza do restaurante 'Havana Cafe'.

Estes feitos tiveron lugar pouco despois de que ETA asasinase a dous traballadores da empresa Electra no seu intento de matar cun coche bomba ó concelleiro socialista Iñaki Dubreuil Churruca.

Foi xulgado en xuño de 2006. Acolleuse ó seu dereito a non declarar durante o xuízo, presentando unha actitude desafiante. Aínda que se negou a intervir na primeira xornada do xuízo, Gaztelu utilizou o seu dereito á última palabra para recoñecer ser "militante de ETA" e afirmar que a banda non abandonaría a súa loita.

Foi condenado a 50 anos de cárcere como autor material do asasinato de Miguel Ángel Blanco; pola súa actitude, o tribunal na súa sentenza tamén lle prohibe achegarse á localidade biscaíña de Ermua durante cinco anos a partir da súa excarceración. No xuízo polo asasinato do socialista Fernando Múgica, foi condenado a 82 anos de cárcere e prohibíuselle visitar Donostia, cidade na que se cometeu o asasinato e onde reside a familia Múgica, durante o seis anos seguintes á súa saída do penal.

O 23 de xaneiro de 1995, cando comía con María San Gil nun restaurante de Donostia, o popular vasco Gregorio Ordóñez foi asasinado dun tiro na cabeza nun atentado cometido coa participación de "Txapote",[7] sendo condenado a 30 anos de prisión[8] "como autor dun delito de asasinato terrorista con aleivosía, en concurso ideal con outro de atentado con premeditación. Ademais, prohíbiuselle achegarse durante cinco anos á familia da vítima ou a Donostia, e foi condenado a pagar 500.000 euros de indemnización ós herdeiros, aínda que o Tribunal sentenciou que non puido afirmar con exactitude se Txapote foi quen disparou, considerouse probada a súa participación no asasinato.

Esta sentenza foi motivo de polémica dado que a única proba condenatoria contra "Txapote" foi a declaración doutro coimputado, situación que noutras sentenzas provocara a absolución dos procesados.

As consecuencias prácticas destes asasinatos foron o rexurdimento dun movemento social contrario á violencia etarra, como o espírito de Ermua, e a consecuente creación dalgunhas das asociacións contrarias ó terrorismo como ¡Basta Ya!, Foro de Ermua, etc.

Relevancia posterior editar

En agosto de 2022 Gaztelu foi transferido dende a Prisión de Estremera (Comunidade de Madrid) a unha no País Vasco polo Goberno de España.[9] En setembro de 2022 apareceu nos medios de comunicación o eslogan «Que te vote Txapote», empregado por políticos do Partido Popular e de Vox para atacar ao presidente do Goberno Pedro Sánchez. A súa gran difusión na campaña das eleccións xerais do 23 de xullo de 2023[10][11] motivou que o "Colectivo de Víctimas del Terrorismo en el País Vasco", por medio da súa presidenta Consuelo Ordóñez (cuxo irmán Gregorio foi asasinado por Txapote), rexeitase a utilización «dese repugnante eslogan que causa dor entre as vítimas e os seus familiares».[12] A opinión foi compartida pola Fundación Fernando Buesa, mais desprezada por representantes da dereita, como Santiago Abascal ou Rafael Hernando.[13] Este último, malia non ter coñecido nunca a Gregorio Ordóñez, sinalou que «sabía mellor ca a súa irmá que el estaría de acordo co eslogan».[14]

Notas editar

  1. "«Txapote», chef présumé de l'ETA militaire, épinglé par hasard en France - Le Temps" (en francés). 2001-02-23. ISSN 1423-3967. Consultado o 2023-08-26. 
  2. 20minutos (2022-09-01). "El sangriento historial de más de 53 asesinatos que acompaña a 'Txapote' y Parot, los dos últimos presos de ETA acercados al País Vasco". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-08-26. 
  3. ""¡Miradme a la cara!": los asesinos de Miguel Ángel Blanco nunca se han arrepentido". www.elconfidencial.com (en castelán). 2017-07-12. Consultado o 2021-03-31. 
  4. Peñalosa, Gema (31 de agosto de 2022). "El Gobierno acerca al País Vasco a 'Txapote' y Henri Parot, los terroristas más sanguinarios de ETA". El Mundo. Consultado o 26 de agosto de 2023. 
  5. "Arranca el juicio a 'Txapote' y otros tres etarras por el asesinato de un funcionario de prisiones". La Vanguardia. 23 de setembro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  6. "«Txapote», el brutal sicario de ETA que acumula más de 450 años de prisión". abc (en castelán). 1 de outubro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  7. San Gil prestá declaración en el juicio por el asesitato de Ordoñez.
  8. "El etarra 'Txapote', condenado a 30 años por el asesinato de Gregorio Ordóñez"
  9. "El Gobierno acerca al País Vasco a 'Txapote' y Henri Parot, los terroristas más sanguinarios de ETA". ELMUNDO (en castelán). 2022-08-31. Consultado o 2023-07-14. 
  10. ""¡Que te vote Txapote!": intrahistoria del grito contra Sánchez que hasta Vox, Ayuso o Girauta han utilizado". El Plural (en castelán). 2023-01-26. 
  11. Gálvez, Óscar López-Fonseca, J. J. (2023-07-11). "El “que te vote Txapote” de PP y Vox enfrenta a las víctimas del terrorismo". El País (en castelán). 
  12. "Consuelo Ordóñez carga contra las juventudes del PP por sus camisetas con el lema "que te vote Txapote"". La Vanguardia (en castelán). 2023-06-21. Consultado o 2023-07-21. 
  13. Aduriz, Diego Larrouy, Iñigo (2023-07-21). "Abascal defiende el "que te vote Txapote": "Es un grito de autenticidad"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-07-21. 
  14. "Consuelo Ordóñez carga contra Rafa Hernando por decir que su hermano asesinado por ETA se habría unido al "que te vote Txapote"". ELMUNDO (en castelán). 2023-07-10. Consultado o 2023-07-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar