Francisco Elvira Cuadrado

guerrilleiro antifranquista

Francisco Elvira Cuadrado, nado en Argecilla (Guadalaxara) en 1910 e finado en Casaio o 27 de xullo de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista español.

Infotaula de personaFrancisco Elvira Cuadrado
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Argecilla, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Casaio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi militante do PCE, durante a Guerra Civil loitou co exército republicano e tras a guerra estivo preso no campo mineiro de Casaio ata que fuxiu en maio de 1944, pasando ao Barco de Valdeorras. Finalmente botouse ao monte converténdose no líder dos guerrilleiros comunistas e xefe militar da II Agrupación Guerrilleira. En marzo de 1945, nun intento de evitar a escisión entre comunistas e socialistas, accedeu ao Estado Maior da Federación de Guerrillas de León-Galicia, Elvira mostrouse en todo momento partidario da unidade entre os comunistas e os socialistas, intentando a reunificación do movemento guerrilleiro en Galicia. Morreu o 27 de xullo de 1946 nun avance da Garda Civil sobre o campamento no que se estaba a realizar o coñecido como Congreso da Reunificación con Arcadio Ríos Rodríguez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 171. ISBN 84-7507-320-4. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 58–59. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy. 

Ligazóns externas editar