Francisco Castro Veloso

escritor e editor galego

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia,[1] mais dimitiu do cargo en setembro de 2023.[2]

Infotaula de personaFrancisco Castro Veloso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , editor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 2948 AELG: 178 Dialnet: 245807

Traxectoria editar

Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.

É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela que trata o mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publicou Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publicou O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.

A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.

No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13ª edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.[3]

 
Xaime Toxo, Francisco Castro, Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Xesús Alonso Montero, na presentación de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 08/10/2017

En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.

En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor F. Freixanes.

En 2020 Iridium foi incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (Outstanding Books).[4]

No verán de 2023, e a raíz dunha entrevista[5] publicada ao escritor Alberto Ramos no xornal Praza, onde se cuestionaban as políticas administrativas da Editorial Galaxia, xérase unha polémica en medios e redes sociais,[6][7] que levaron á dimisión de Francisco Castro como director da editorial o 18 de setembro dese ano.[8]

Obra editar

Narrativa editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

Premios editar

  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997, por Play-back.
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (1996) no Concello da Estrada
  • Premio de poesía O Facho no 2002.
  • Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, por Venres desesperado (look casual friday).
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2005, por Un bosque cheo de faias.
  • Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, por Ningún fascista morreu inxustamente.
  • Premio Blanco Amor no 2006, por Spam.
  • Premio García Barros no 2007, por As palabras da néboa.
  • Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por O ceo dos afogados.
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2009, por O ceo dos afogados.
  • Mellor libro infantil para as lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias no 2009, por Chamádeme Simbad.
  • Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' no 2009, por Borobó, despedido.
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2011, por Chamádeme Simbad.
  • Chamádeme Simbad foi incluído na lista de honra do IBBY no 2012.
  • Gañador do 13º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2013, por O corazón da Branca de neve.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2016, por Tes ata as 10.
  • 2022: XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra Xoán, Xoana.[28]
  • 2022: XIX Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego, polo seu artigo "Coiden da música" publicado en La Voz de Galicia.[29]

Notas editar

  1. "Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia", nova na páxina web da Editorial Galaxia.
  2. "Comunicado de Francisco Castro". Facebook. 18 de setembro de 2023. 
  3. "Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 12 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  4. Atlántico (2020-12-07). "A novela ‘Iridium’, entre os mellores libros do mundo". Atlántico. Consultado o 2020-12-08. 
  5. ""Hai libros oportunos e libros oportunistas que ocupan espazos que non lles corresponden"". Praza Pública. 2023-09-08. Consultado o 2023-09-18. 
  6. "De certo que coñeces alguén así". Facebook. Consultado o 2023-09-18. 
  7. "Tócame falar a min agora". www.facebook.com. Consultado o 2023-09-18. 
  8. Álvarez, Natalia (2023-09-18). "Francisco Castro dimite como director xeral de Galaxia". Faro de Vigo. Consultado o 2023-09-18. 
  9. "Francisco Castro DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Play-Back'". Francisco Castro. 2011-10-01. Consultado o 2020-07-21. 
  10. "Memorial de infortunio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  11. "Generación perdida". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  12. "Spam". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  13. "Spam". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  14. Penelas, Patricia (Xullo, agosto, setembro 2020). "Contra o silencio". Grial. LVIII (227): 64–65. ISSN 0017-4181. 
  15. "A historia de Sara". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-07. 
  16. Adán, Carme (abril, maio, xuño 2023). "Inventando palabras para Sara". Grial LXI (238): 77–78. ISSN 0017-4181. 
  17. "Un bosque lleno de hayas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  18. "Me llamaba Simbad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  19. "Em deia Simbad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  20. "El secret de Marco Polo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  21. "Iridium". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  22. "Iridium". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  23. Penelas, Patricia (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Un referente da literatura xuvenil". Grial LX (233): 106–107. ISSN 0017-4181. 
  24. EL CEMENTERIO DE BARCOS - FRANCISCO CASTRO - 9788418708992. 
  25. "El cementiri de vaixells". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  26. "Barkuen hilerria". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  27. "El niño perro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  28. "O escritor e editor Francisco Castro gaña o XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra Xoán, Xoana". www.depourense.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2022. 
  29. "Francisco Castro recibe o XIX Premio Fernández del Riego de Xornalismo". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-10-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar