Francisco Calo Lourido

antropólogo e arqueólogo galego

Francisco Calo Lourido, nado en Porto do Son en 1948, é un antropólogo, arqueólogo e profesor galego.

Infotaula de personaFrancisco Calo Lourido
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Porto do Son, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 637334

Traxectoria editar

Licenciouse en Filosofía e Letras e é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos e ensinou ata a súa xubliación no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC.

É patrón do Museo do Pobo Galego (do que foi secretario da Xunta Reitora), correspondente da Real Academia Galega e membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras entidades.

Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía. Traballou en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixiu as escavacións e consolidación do castro de Baroña.

Obra en galego editar

Ensaio editar

  • As artes de pesca (1980). Museo do Pobo Galego.
  • A cultura castrexa (1993). A Nosa Terra.
  • Os habitantes dos castros (1994). A Nosa Terra.
  • A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa, 2 tomos (1994). Fundación Barrié.
  • Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes (1996). A Nosa Terra.
  • Castro de Baroña (1997). Concello de Porto do Son.
  • Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia (2010). Xerais.
  • A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX (2023). Vigo: Xerais. 632 páxs. ISBN 978-84-1110-232-2. ePub: ISBN 978-84-1110-253-7.[1]

Narrativa editar

Obras colectivas editar

  • Estudos de cultura castrexa e de historia antiga de Galicia, 1983, Universidade de Santiago.
  • Castro de Baroña: campañas 1980-1984, 1986, Xunta de Galicia.
  • Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
  • Antropoloxía mariñeira: actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, 1998, Consello da Cultura Galega.
  • Fainas do mar: vida e trabalho no litoral norte, 1999, Centro Regional de Artes Tradicionais, Porto.
  • Pontevedra e o mar. Simposio de Historia Marítima do século XII ao XVI, 2003, Concello de Pontevedra.
  • Caras de Pontevedra, 2005, A Nosa Terra.
  • Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son, 1978, Universidade de Santiago.

Obras colectivas editar

Edicións editar

Premios editar

  • Premio Antón Losada Diéguez no 2011, por Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia.

Notas editar

  1. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-12. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar