Francisco Ayala

novelista español

Francisco Ayala García-Duarte, nado en Granada, o 16 de marzo de 1906 e finado en Madrid o 3 de novembro de 2009, foi un escritor español.

Infotaula de personaFrancisco Ayala

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Ayala García-Duarte Editar o valor em Wikidata
16 de marzo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (103 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , avogado , crítico literario , profesor universitario , sociólogo , tradutor , novelista , xurista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Princeton
Universidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNina Ayala Mallory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 540967

Biografía editar

Ós dezaseis anos trasladouse a Madrid, onde estudou Dereito e Filosofía e Letras. Nesta época publicou as súas dúas primeiras novelas, Tragicomedia de un hombre sin espíritu e Historia de un amanecer.

Colaborou habitualmente en Revista de Occidente e La Gaceta Literaria. Residía en Berlín entre 1929 e 1931 durante o xurdimento do nazismo. Doutorouse en Dereito na Universidade de Madrid e impartía clases na mesma.

Foi letrado das Cortes desde a proclamación da República. No comezo da guerra civil atopábase dando conferencias en Suramérica, e durante a mesma exerciu como funcionario do Ministerio de Estado.

Ó caer a República exiliouse en Buenos Aires, onde pasou dez anos traballando e colaborando na revista Sur e no diario La Nación. Nese tempo foi cofundador da revista Realidad.

Posteriormente, aínda na década dos cincuenta, Ayala trasladouse a Porto Rico, país no que impartiu cursos na Facultade de Dereito da Universidade de Porto Rico, invitado polo Decano de dita institución, o renomeado xurista, Manuel Rodríguez Ramos. Desde o arquipélago de Porto Rico viaxou aos Estados Unidos de América, onde impartiu clases de Literatura española nas universidades de Princeton, Rutgers, Universidade de Nova York (NYU) e Chicago, aínda que tamén mantivo estreitos nós intelectuais e culturais con Porto Rico, onde igualmente viviron longos exilios os nomeados Pau Casals e Juan Ramón Jiménez, entre outros.

En 1960 regresou por primeira vez a España e, pouco a pouco, reintegrouse na vida literaria española. En 1976 instalouse definitivamente en Madrid, continuando o seu labor de escritor, conferenciante e colaborador de prensa. En 1983, ós 77 anos, foi elixido membro da Real Academia Española e leu o seu discurso de ingreso un ano despois. Ata moi avanzada idade seguiu escribindo con plena lucidez. En 1988 obtivo o Premio Nacional das Letras Españolas; en 1990 foi nomeado Fillo Predilecto de Andalucía; en 1991 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes e en 1998 co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

A crítica dividiu xeralmente a traxectoria narrativa de Francisco Ayala en dúas etapas: a anterior e a posterior á guerra civil.

A primeira etapa corresponde a antes da guerra civil. Escribiu Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Historia de un amanecer (1926), que se inscriben nunha liña narrativa tradicional. Con El boxeador y un ángel (1929) e Cazador en el alba (1930) aborda a prosa vangardista. En ambas coleccións de contos predominan o estilo metafórico, a brillantez expresiva, a falta de interese pola anécdota e a fascinación polo mundo moderno.

Tras un longo silencio, Francisco Ayala inicia a súa segunda etapa no exilio con El hechizado (1944), relato sobre o intento dun crioulo de entrevistarse co rei Carlos II que formou parte en 1949 de Los usurpadores, libro composto por sete narracións cuxo tema común é a ansia de poder. A historia serve aquí para reflexionar sobre o pasado, a fin de coñecer con maior profundidade o presente. Tamén en 1949 publica La cabeza del cordero, conxunto de relatos sobre a guerra civil, nos que presta maior atención á análise das paixóns e comportamentos dos personaxes que á crónica duns acontecementos externos. Muertes de perro (1958) constitúe unha denuncia da situación dun pobo sometido a unha ditadura, ó tempo que presenta a degradación humana nun mundo sen valores. El fondo del vaso (1962) é un complemento da novela anterior, que está presente neste novo relato a través dos comentarios que dela fan os personaxes. A ironía convértese no recurso central desta obra, aínda que unha maior comprensión cara ó xénero humano vai substituíndo ó desprezo. Nalgunhas ocasións, coma en El hechizado, achégase ó mundo existencial e absurdo de Franz Kafka, cunha denuncia implícita da inmoralidade e estupidez do poder.

Despois destas novelas Francisco Ayala seguiu publicando relatos, coma os recollidos en El As de Bastos (1963), El rapto (1965) e El jardín de las delicias (1971) , libro que se basea no contraste entre a obxectividade satírica da primeira parte, «Diablo mundo», e o ton evocativo, subxectivo e lírico da segunda, «Días felices». En 1982 apareceu De triunfos y penas, e en 1988 El jardín de las malicias, onde recolleu seis contos escritos en diferentes épocas da súa vida.

Grande importancia ten tamén a súa obra ensaística, que abrangue temas políticos e sociais, reflexións sobre o presente e o pasado de España, o cine e a literatura.

Escribiu unhas interesantes memorias: "Recuerdos y olvidos" (1982, 1983, 1988 e 2006).

O 16 de marzo de 2006 cumpriu os 100 anos de idade. Foi membro da Academia de Buenas Letras de Granada.

Títulos editar

Narrativa editar

  • Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925).
  • Historia de un amanecer (1926).
  • El boxeador y un ángel (1929).
  • Cazador en el alba (1930).
  • El hechizado (1944).
  • Los usurpadores (1949).
  • La cabeza del cordero (1949).
  • Historia de macacos (1955).
  • Muertes de perro (1958).
  • El fondo del vaso (1962).
  • El as de Bastos (1963).
  • Mis mejores páginas (1965).
  • El rapto (1965).
  • Cuentos (1966).
  • Obras narrativas completas. Glorioso triunfo del príncipe Arjuna (1969).
  • Lloraste en el Generalife.
  • El jardín de las delicias (1971).
  • El hechizado y otros cuentos (1972).
  • De triunfos y penas (1982).
  • El jardín de las malicias (1988).
  • Relatos granadinos (1990).
  • Recuerdos y olvidos 1 (1982) (Memorias).
  • Recuerdos y olvidos 2 (1983) (Memorias).
  • El regreso (1992).
  • De mis pasos en la tierra (1996).
  • Dulces recuerdos (1998).
  • Un caballero granadino y otros relatos (1999).
  • Cuentos imaginarios (1999).

Ensaio editar

  • El derecho social en la Constitución de la República española (1932).
  • El pensamiento vivo de Saavedra Fajardo (1941).
  • El problema del liberalismo (1941).
  • El problema del liberalismo (1942). Edición ampliada.
  • Historia de la libertad (1943).
  • Los políticos (1944).
  • Histrionismo y representación (1944).
  • Una doble experiencia política: España e Italia (1944).
  • Ensayo sobre la libertad (1945).
  • Jovellanos (1945).
  • Ensayo sobre el catolicismo, el liberalismo y el socialismo (1949). De Donoso Cortés, con edición e estudo preliminar de Francisco Ayala.
  • La invención del Quijote (1950).
  • Tratado de sociología (1947).
  • Ensayos de sociología política (1951).
  • Introducción a las ciencias sociales (1952).
  • Derechos de la persona individual para una sociedad de masas (1953).
  • Breve teoría de la traducción (1956).
  • El escritor en la sociedad de masas (1956).
  • La crisis actual de la enseñanza (1958).
  • La integración social en América (1958).
  • Tecnología y libertad (1959).
  • Experiencia e invención (1960).
  • Razón del mundo (1962).
  • De este mundo y el otro (1963).
  • Realidad y ensueño (1963).
  • La evasión de los intelectuales (1963).
  • Problemas de la traducción (1965).
  • España a la fecha (1965).
  • El curioso impertinente, de Miguel de Cervantes (1967). Edición e prólogo.
  • El cine, arte y espectáculo (1969).
  • Reflexiones sobre la estructura narrativa (1970).
  • El Lazarillo: reexaminado. Nuevo examen de algunos aspectos (1971).
  • Los ensayos. Teoría y crítica literaria (1972).
  • Confrontaciones (1972).
  • Hoy ya es ayer (1972).
  • Cervantes y Quevedo (1974).
  • La novela: Galdós y Unamuno (1974).
  • El escritor y su imagen (1975).
  • El escritor y el cine (1975).
  • Galdós en su tiempo (1978).
  • El tiempo y yo. El jardín de las delicias (1978).
  • Palabras y letras (1983).
  • La estructura narrativa y otras experiencias literarias (1984).
  • La retórica del periodismo y otras retóricas (1985).
  • La imagen de España (1986).
  • Mi cuarto a espaldas (1988).
  • Las plumas del Fénix. Estudios de literatura española (1989).
  • El escritor en su siglo (1990).
  • Contra el poder y otros ensayos (1992).
  • El tiempo y yo, o el mundo a la espalda (1992).
  • En qué mundo vivimos (1996).
  • Miradas sobre el presente: ensayos y sociología, 1940-1990 (2006)

Artigos de prensa editar

  • El mundo y yo (1985).

Traducións editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • K. Ellis, El arte narrativo de Francisco Ayala (Madrid, 1964)
  • F. Ayala, Obras narrativas completas, prólogo de A. Amorós (México, 1969)
  • E. Irizarry, Teoría y creación literaria en Francisco Ayala (Madrid, 1970)
  • R. Hiriart, Los recursos técnicos en la novelística de Francisco Ayala (Madrid, 1972)
  • A. Amorós, Bibliografía de Francisco Ayala (Nova York, 1973)
  • T. Mermall, Las alegorías del poder en Francisco Ayala (Madrid, 1983)
  • AA. VV., Francisco Ayala (Barcelona, 1989).
  • A.J. Ribes Leiva, Paisajes del siglo XX: sociología y literatura en Francisco Ayala, Ed. Biblioteca Nueva (Madrid, 2007).
  • A.J. Ribes Leiva, "La mirada sociológica y el compromiso con el presente de Francisco Ayala", en F. Ayala, Miradas sobre el presente, Colección Obra Fundamental, Fundación Santander (Madrid, 2006).
  • A.J. Ribes Leiva (ed.), Francisco Ayala, Agencia Española de Cooperación Internacional (AECI), Prólogo José Enrique Rodríguez Ibáñez (Madrid, 2006).
  • A.J. Ribes Leiva, "Sociología y literatura en Francisco Ayala", en Política y Sociedad, 41, Núm. 2, 2004.
  • A.J. Ribes Leiva, "Introducción a la sociología de Francisco Ayala: reflexiones en torno a la Ley de Unificación del Mundo", en Sistema, xaneiro de 2002.

Ligazóns externas editar