Francis Uzoho

futbolista nixeriano

Francis Odinaka Uzoho, nado en Nwangele o 28 de outubro de 1998, é un futbolista nixeriano. Xoga de porteiro e o seu club actual é o AC Omonia chipriota. É internacional coa selección nixeriana.

Francis Uzoho
Información persoal
Nome Francis Odinaka Uzoho
Nacemento 28 de outubro de 1998 (25 anos)
Lugar de nacemento Nwangele
Altura 1,96 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Omonia
Número 23
Carreira xuvenil
2014–2017 Aspire Academy
2017 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017– Fabril 23 (0)
2017–2020 Deportivo da Coruña 2 (0)
2018–2019Elche (cedido) 7 (0)
2019Anorthosis (cedido) 3 (0)
2019–2020Omonia (cedido) 5 (0)
2020–2021 APOEL 19 (0)
2021– Omonia 33 (0)
Selección nacional
2013 Nixeria sub-17 0 (0)
2017– Nixeria 29 (0)
Na rede
Twitter: uzohof Instagram: uzoho30 FIFA: 372607 UEFA: 250118263 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de febreiro de 2024.
Selección: actualizado a 12 de febreiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Comezou a súa carreira en clubs do seu país, onde comezou a xogar de dianteiro, e aos 14 anos foi captado por un scout da Aspire Academy de Qatar, incorporándose en 2014 á rama senegalesa da academia.[1]

Deportivo da Coruña editar

O 16 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña para o seu equipo xuvenil, ao que chegou xunto ao seu compañeiro maliano Famoussa Kanouté, despois de que ambos destacasen nun torneo amigable en Barcelona.[2] As súas boas actuacións co xuvenil fixeron que axiña comezase a adestrar co primeiro equipo dirixido por Gaizka Garitano e co adestrador de porteiros Manu Sotelo, xunto aos gardametas profesionais Germán Lux, Tytoń e Davy Roef.[3]

Para a tempada 2017/18 subiu ao Fabril, que viña de ascender á Segunda División B, e realizou a pretempada co primeiro equipo, xa ás ordes de Pepe Mel. O adestrador do filial, Cristóbal Parralo, alternou a Francis e Álex Cobo na titularidade durante as primeiras xornadas.[3]

O 15 de outubro de 2017 debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun empate a domicilio fronte o Eibar (0-0), converténdose no cuarto porteiro en defender a portería do Deportivo en só oito xornadas de liga. O seu debut foi posible debido á lesión de Rubén Martínez trala segunda xornada e ás irregulares actuacións de Tytoń e Pantilimon nos seguintes partidos. Xogou tamén o seguinte partido, unha derrota por 1-2 ante o Girona que provocou a destitución de Pepe Mel.[4] Disputou o resto da tempada co Fabril, sendo o gardameta máis utilizado do equipo, cun total de 25 partidos.

Cesión ao Elche editar

O 24 de agosto de 2018 anunciouse a ampliación do seu contrato co Deportivo por tres tempadas máis e a súa cesión por unha tempada ó Elche, da Segunda División.[5][6] Tras ser suplente durante as primeiras xornadas acabou quitándolle a titularidade ao veterano gardameta galego José Juan,[7] ata que unha fractura nas costelas o afastou da portería.[8][9] Trala súa recuperación volveu ser o elixido por Pacheta para defender a porta.

Cesión ao Anorthosis editar

Tras media tempada no club ilicitano, onde xogou un total de sete partidos, en xaneiro de 2019 foi cedido ao Anorthosis Famagusta FC, equipo da cidade chipriota de Famagusta.[10] Despois de debutar con vitoria fronte ao Apollon Limassol, o presidente do Anorthosis e varios colaboradores foron arrestados por falsificar o certificado médico de Francis. O xogador foi posteriormente multado e sancionado e déuselle o partido por perdido ao seu equipo.[11][12] Dous meses despois conseguiu unha nova licenza e puido volver xogar un partido, pero foi expulsado por enfrontarse aos seareiros rivais.[13] En maio xogou o seu terceiro e último partido co Anorthosis.

Cesión ao Omonia editar

En xullo de 2019 foi cedido ao AC Omonia Nicosia, tamén de Chipre, onde xogou varios partidos ata que en outubro sufriu unha grave lesión de xeonllo nun partido amigábel da súa selección contra Brasil, ao caer tras un choque contra Casemiro e romper os ligamentos.[14][15] Foi operado en novembro na Coruña polo doutor Rafael Arriaza e perdeu todo o resto da tempada.[16]

Traslado permanente a Chipre editar

En xullo de 2020 o Deportivo anunciou o seu traspaso ao APOEL FC, o outro gran club de Nicosia e o máis laureado da liga chipriota.[17] Aínda que asinou un contrato por tres tempadas co club azul e amarelo, acabou cumprindo só unha, na que disputou un total de 25 partidos.

Desvencellado do APOEL, no verán de 2021 regresou ao Omonia. Esa mesma tempada proclamouse campión da Copa de Chipre, título que repetiu ao ano seguinte, aínda que non chegou a disputar ningunha das finais, sendo o gardameta titular en ambos partidos o brasileiro Fabiano.[18][19]

En outubro de 2022 protagonizou titulares da prensa internacional grazas á súa actuación nun partido da fase de grupos da Europa League ante o Manchester United en Old Trafford. O equipo inglés, con destacados futbolistas como Cristiano Ronaldo, Bruno Fernandes, Antony ou Rashford, realizou numerosos disparos á portería de Francis, que conseguiu manter a portería a cero ata o minuto 93, cando McTominay puido finalmente marcar.[20][21][22] O gardameta foi nomeado ao premio ao xogador da semana na Europa League, así como ao premio á mellor parada.[23]

Selección nacional editar

Con só 14 anos, formou parte da selección de fútbol nixeriana sub-17 que se proclamou campioa da Copa do Mundo de fútbol sub-17 en 2013 nos Emiratos Árabes Unidos, sendo o porteiro suplente por detrás de Dele Alampasu.[24]

Foi convocado pola selección nixeriana absoluta por primeira vez en 2017, aos 19 anos de idade.[25] Debutou un mes despois nun amigábel contra a Arxentina, onde os nixerianos venceron por 2-4.[26] Durante o seguinte ano foi o porteiro titular da selección, coa que acudiu á Copa do Mundo de 2018 en Rusia. Disputou completos os tres partidos da fase de grupos, ante Croacia, Islandia e a Arxentina, conseguindo só tres puntos ante os islandeses, polo que Nixeria quedou eliminada.

En 2019 participou na súa primeira Copa de África, sendo aliñado só no partido polo terceiro posto, no que o seu equipo conseguiu vencer ante Tunisia.[27] A lesión de ligamentos deixouno fóra da selección durante meses, reaparecendo en 2021, ano no que disputou a súa segunda Copa de África. O 29 de marzo de 2022 foi o porteiro de Nixeria nun partido de clasificación para o Mundial contra Ghana. Recibiu críticas pola súa actuación, xa que un erro seu provocou un gol de Ghana e, finalmente, custoulle ao seu equipo a clasificación para a Copa do Mundo.[28] O porteiro tivo que pedir desculpas, ao temo que compañeiros de equipo e antigos internacionais, como Alex Iwobi e Vincent Enyeama, mostráronlle o seu apoio.[29][30]

Trala chegada dun novo seleccionador, o portugués José Peseiro, Francis recuperou a titularidade no equipo das "súper aguias" e xogou cinco dos seis partidos de Nixeria nas eliminatorias para a Copa de África de 2023, acabando na primeira posición do seu grupo. Con todo, Stanley Nwabili foi o elixido por Peseiro para ser titular na fase final do torneo, disputada en Costa do Marfil, polo que Francis viu dende o banco como o seu equipo acadaba a final, caendo ante a selección anfitrioa no estadio Alassane Ouattara de Abidjan.[31]

Palmarés editar

Omonia
Nixeria sub-17

Notas editar

  1. "Francis Uzoho: «A veces extraño jugar en punta»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  2. "El Dépor ficha al nigeriano Francis Uzoho". Riazor.org. 216 de xaneiro de 2017.  (en castelán)
  3. 3,0 3,1 "Francis debuta en Primera con 18 años y es el 4º portero del Depor en 8 citas". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de outubro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  4. "Francis pierde la titularidad en el primer equipo, pero se estrena con Nigeria". DxT Campeón (en castelán). 30 de outubro de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  5. Francis renova o seu contrato co Dépor por 3 temporadas
  6. Francis xogará esta temporada cedido no Elche
  7. "Golpe de orgullo del Elche (2-0)". El Mundo (en castelán). 19 de outubro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  8. Hernández, Monserrate (6 de novembro de 2018). "La plantilla del Elche cierra filas en torno a José Juan". As (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  9. "Cuatro semanas de baja para Francis" (en castelán). 5 de novembro de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  10. "Francis finaliza su cesión en el Elche y pone rumbo al Anorthosis" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  11. "Día clave para el futuro de Francis en Chipre" (en castelán). 14 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  12. "Francis, sancionado y multado en Chipre" (en castelán). 22 de maio de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  13. "La noche aciaga de Francis en su reestreno con el Anorthosis" (en castelán). 2 de abril de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  14. "Grave lesión de Francis Uzoho en el Nigeria - Brasil". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  15. "Francis Uzoho sigue sin operarse, un mes después de romperse la rodilla" (en castelán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  16. "Francis Uzoho, operado con éxito de su aparatosa lesión de rodilla" (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  17. "El Deportivo traspasa a Francis Uzoho al Apoel FC" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  18. "Omonia Nicosia vs. Ethnikos Achna 0 - 0". soccerway.com (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  19. "AEL vs. Omonia Nicosia 0 - 1". soccerway.com (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  20. Pérez, Daniel (14 de outubro de 2022). "La noche soñada de Francis Uzoho en Old Trafford" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  21. "¡No entra ninguna! Francis Uzoho protagonizó una espectacular doble atajada ante el Manchester" (en castelán). 13 de outubro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  22. "Las espectaculares atajadas del nigeriano Uzoho a Cristiano Ronaldo en el triunfo del United: el gesto de CR7 al no poder batirlo" (en castelán). 13 de outubro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  23. "Uzoho nominated for two Europa League awards after heroics" (en inglés). 14 de outubro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  24. "El Dépor ficha al nigeriano Francis Uzoho" (en castelán). 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  25. "Francis Uzoho, convocado por primera vez con la selección de Nigeria a los 19 años" (en castelán). 30 de outubro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  26. "Debut idílico de Francis" (en castelán). 14 de novembro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  27. "Nigeria down Tunisia 1-0 to finish 3rd at AFCON for 8th time" (en inglés). 18 de xullo de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  28. Nwosu, Henry (30 de marzo de 2022). "Francis Uzoho’s error cost Nigeria World Cup ticket against Ghana" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  29. "World Cup howler: It’s worst time of my life, says Uzoho" (en inglés). 5 de abril de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  30. Eludini, Tunde (5 de abril de 2022). "Enyeama, others react as Uzoho apologises for World Cup miss" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  31. "Nixeria 1-2 Costa de Marfil". ESPN (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar