Francesco Bonsignori

pintor italiano

Francesco Bonsignori, nado en Verona cara a 1460 e finado en Caldiero o 2 de xullo de 1519, foi un pintor italiano do Renacemento.

Francesco Bonsignori
Nacemento1460 e c. 1455
Lugar de nacementoVerona
Falecemento2 de xullo de 1519
Lugar de falecementoCaldiero
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupaciónpintor
PeríodoRenacemento
Coñecido porSt Sebastian
editar datos en Wikidata ]
F. Bonsignori, San Sebastián (Arezzo, Museo Estatal de Arte)

Traxectoria editar

Bonsignori estivo influenciado inicialmente pola pintura veneciana de autores coma Antonello da Messina, Giovanni Bellini, Cima da Conegliano ou Alvise Vivarini. Viviu en Mantua entre 1487 e 1505, e entre os pintores cortesáns (xunto con Andrea Mantegna) entre 1487 e 1505. A proximidade de Mantegna dotou a súa arte dun ton máis monumental (retablo da Beata Osanna, Mantua, museo do Pazo Ducal; Madonna e santos,National Gallery de Londres), que se adozou, porén, cara a comezos do século XVI, cunha delicada morbideza na modelaxe, talvez por influxo da paisaxe mantuana de Leonardo da Vinci (compárense ao respecto as dúas versión do San Sebastián, de S. Maria delle Grazie en Curtatone, e o do Museo Estatal de Arte en Arezzo, e a Madonna e santos, en San Bernardino) de Verona).

Retratista de notábel calidade (como na efixie dun descoñecido, que figura na National Gallery). Francesco foi irmán de Girolamo Bonsignori, tamén pintor ao servizo dos Gonzaga.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar