Marion Benson Owens, nada en San Francisco o 18 de novembro[1] de 1888 e finada nos Ánxeles o 12 de maio de 1973, foi unha xornalista, escritora e guionista estadounidense, coñecida como Frances Marion, decotío citada como unha das mulleres guionistas máis destacadas do século XX, xunto con June Mathis e Anita Loos. Foi a primeira guionista en recibir dous premios Oscar.

Infotaula de personaFrances Marion

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1888 Editar o valor em Wikidata
San Francisco (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilm screenwriting (en) Traducir, dirección de cine e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , actriz de cinema , actriz , directora de cine , escritora , novelista , xornalista , guionista de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor em Wikidata -
Pseudónimo literarioFrancis Marion
Frank M. Clifton Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge W. Hill (en) Traducir (1930–1933)
Fred Thomson (pt) Traducir (1919–1928) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0547966 Allocine: 48757 Rottentomatoes: celebrity/frances_marion Allmovie: p101262 TCM: 122326 TV.com: people/frances-marion
WikiTree: Owens-13996 Find a Grave: 157241913 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Marion naceu en San Francisco (California), filla de Len Owens e Minnie Benson.[2] Tiña unha irmá máis vella, Maude, e un irmán máis novo, Len.[2] Os seus pais divorciáronse cando ela tiña dez anos e marchou vivir coa súa nai. Abandonou a escola aos doce anos tras ser pillada debuxando unha banda deseñada da súa mestra. Pasou logo a unha escola en San Mateo e despois a unha escola de arte de San Francisco cando tiña dezaseis anos. Esta escola foi destruída no terremoto de San Francisco de 1906.[3]

Mentres estaba en San Francisco traballou como axudante de fotografía de Arnold Genthe e experimentou co deseño fotográfico e os filmes en cor. Máis tarde traballou como artista comercial para Western Pacific Railroads e como reporteira do San Francisco Examiner. Despois de mudarse aos Ánxeles foi artista de carteis no Morosco Theater, ademais de deseñar anuncios nunha empresa de publicidade.[4]

No verán de 1914 foi contratada como guionista axudante, actriz e axudante xeral por "Lois Weber Productions", produtora propiedade da pioneira directora cinematográfica Lois Weber. Puido converterse en actriz, mais prefería o traballo detrás das cámaras. Aprendeu a escribir guións de Weber, e de feito escribiu un para ela, mais despois queimouno.

Marion traballou como xornalista e foi correspondente durante a primeira guerra mundial.[5] Documentou a contribución das mulleres ao esforzo bélico na fronte e foi a primeira muller en cruzar o Rin tralo armisticio.[6]

Escribiu co nome de Frances Marion moitos guións para a actriz Mary Pickford, incluíndo os de Rebecca of Sunnybrook Farm e The Poor Little Rich Girl. Tamén escribiu guións para outros filmes de éxito das décadas de 1920 e 1930. Durante eses anos gañaba un salario de 50 000 dólares ao anos, cantidade inaudita nese tempo.[7] Foi a primeira muller en gañar un Oscar ao mellor guión adaptado, que conseguiu en 1930 polo filme The Big House e dous anos despois gañou o Oscar ao mellor argumento por The Champ. En total participou en máis de 300 guións e máis de 130 filmes. Tamén dirixiu e actuou de xeito ocasional nalgúns dos primeiros filmes de Mary Pickford.

Durante moitos anos estivo baixo contrato con MGM Studios, mais a pesar da súa boa posición, abandonou Hollywood en 1946 para dedicar máis tempo a escribir teatro e novelas.

Faleceu en 1973 a consecuencia da rotura dun aneurisma.[8]

Vida privada editar

Marion casou en catro ocasións, as dúas primeiras, con Wesley de Lappe e Robert Pike, antes de cambiar o seu nome. En 1919 casou co actor Fred Thomson, que protagonizou con Mary Pickford The Love Light en 1921.[5] Era amiga tan íntima de Pickford, que foron xuntas de lúa de mel cando Pickford casou con Douglas Fairbanks e Marion con Thomson.[7] Tralo inesperado pasamento de Thomson en 1928, casou co director George W. Hill en 1930, aínda que o matrimonio finalizou en divorcio en 1933. Tivo dous fillos, Fred C. e Richard (adoptado). Fred chegou a ser editor das obras de George Eliot.

Filmografía seleccionada editar

Ano Título Intérpretes Notas
1912 The New York Hat Mary Pickford, Lionel Barrymore, Lillian Gish Contribuidora do guión
1915 Camille Clara Kimball Young, Paul Capellani, Robert Cummings Argumento
A Girl of Yesterday Mary Pickford, Frances Marion, Glenn L. Martin Actriz
1916 The Gilded Cage Alice Brady, Montagu Love, Alec B. Francis Argumento, escritora
1917 A Little Princess Katherine Griffith, Mary Pickford, Norman Kerry, ZaSu Pitts, Theodore Roberts Escritora
Rebecca of Sunnybrook Farm Mary Pickford, Eugene O'Brien Escritora
The Poor Little Rich Girl Mary Pickford, Madlaine Traverse, Charles Wellesley, Gladys Fairbanks Escritora
1918 Stella Maris Mary Pickford Photoplay
How Could You, Jean? Mary Pickford Argumento
M'Liss Mary Pickford Escritora
Amarilly of Clothes-Line Alley Mary Pickford, William Scott, Kate Price Escritora
1919 The Cinema Murder Marion Davies, Eulalie Jensen, Anders Randolf, Reginald Barlow Argumento
Anne of Green Gables Mary Miles Minter Escritora
1920 Pollyanna Mary Pickford Adaptación
The Flapper Olive Thomas, Warren Cook Guión, historia
The Restless Sex Marion Davies, Ralph Kellard Escritora
1921 The Love Light Mary Pickford, Evelyn Dumo Directora, historia (sen acreditar)
1922 The Toll of the Sea Anna May Wong, Kenneth Harlan, Beatrice Bentley Argumento (sen acreditar), historia
1923 The Famous Mrs. Fair Myrtle Stedman, Huntley Gordon Adaptación, guión
1924 Secrets Norma Talmadge Adaptación
Cytherea Alma Rubens, Constance Bennett, Norman Kerry, Lewis Stone, Irene Rich Adaptación
The Dramatic Life of Abraham Lincoln George A. Billing, Ruth Clifford, George K. Arthur, Louise Fazenda Historia, guión
1925 Stella Dallas Ronald Colman, Belle Bennett, Lois Moran Adaptación
A Thief in Paradise Doris Kenyon, Ronald Colman, Aileen Pringle Adaptación
Thank You Alec B. Francis, Jacqueline Logan Escritora
Lightnin' Jay Hunt, Wallace MacDonald Escritora
1926 The Scarlet Letter Lillian Gish, Lars Hanson Adaptación, argumento, títulos
The Winning of Barbara Worth Ronald Colman, Vilma Bánky Adaptación
Son of the Sheik Rudolph Valentino, Vilma Bánky, Montagu Love, Karl Dane, George Fawcett Adaptación
1927 The Red Mill Marion Davies Adaptación, guión
Love John Gilbert, Greta Garbo Continudade
Madame Pompadour Dorothy Gish Escritora
1928 The Wind Lillian Gish, Lars Hanson, Montagu Love, Dorothy Cumming Argumento
The Awakening Vilma Bánky, Walter Byron Historia
Bringing Up Father J. Farrell MacDonald, Polly Moran, Marie Dressler Escritora
1929 Their Own Desire Norma Shearer, Belle Bennett, Lewis Stone, Robert Montgomery, Helene Millard Guión
1930 Min and Bill Marie Dressler, Wallace Beery Diálogos, argumento
The Big House Robert Montgomery, Wallace Beery, Chester Morris, Lewis Stone Diálogos, historia
Oscar ao mellor guión adaptado
Good News Mary Lawlor, Stanley Smith Argumento
The Rogue Song Lawrence Tibbett, Catherine Dale Owen Escritora
Anna Christie Greta Garbo, Charles Bickford, George F. Marion, Marie Dressler Escritora
1931 Anna Christie Greta Garbo, Theo Shall, Hans Junkermann Adaptación
The Secret Six Wallace Beery, Lewis Stone, John Mack Brown, Jean Harlow, Clark Gable, Ralph Bellamy, Marjorie Rambeau Diálogos, guión
The Champ Wallace Beery, Jackie Cooper, Irene Rich, Roscoe Ates Historia
Oscar ao mellor argumento
1932 Blondie of the Follies Marion Davies, Robert Montgomery, Billie Dove Guión, historia
Emma Marie Dressler, Richard Cromwell, Jean Hersholt, Myrna Loy Historia
1933 Peg o' My Heart Marion Davies, Onslow Stevens, J. Farrell MacDonald Adaptación
Cea ás oito Marie Dressler, John Barrymore, Wallace Beery, Jean Harlow, Lionel Barrymore, Billie Burke Guión
The Prizefighter and the Lady Myrna Loy, Max Baer, Walter Huston, Primo Carnera, Jack Dempsey Historia
Candidata ao oscar ao mellor argumento
Going Hollywood Marion Davies, Bing Crosby, Fifi D'Orsay, Stuart Erwin Historia (sen acreditar)
Secrets Mary Pickford, Leslie Howard Escritora
1936 Camille Greta Garbo, Robert Taylor, Lionel Barrymore Guión
Riffraff Jean Harlow, Spencer Tracy Guión, historia
Poor Little Rich Girl Shirley Temple, Alice Faye, Jack Haley, Gloria Stuart, Michael Whalen, Claude Gillingwater Escritora
1937 Knight Without Armour Marlene Dietrich, Robert Donat Adaptación
Love from a Stranger Ann Harding, Basil Rathbone Adaptación
1940 Green Hell Douglas Fairbanks, Jr. Vincent Price, Joan Bennett, Alan Hale, Sr., George Sanders, John Howard Historia orixinal, guión

Bibliografía editar

  • Minnie Flynn. Nova York: Boni and Liveright, 1925
  • The Secret Six. NY: Grosset & Dunlap, 1931 [novela a partir de su propio guion]
  • Valley People. Nova York: Reynal & Hitchcock, 1935
  • How to Write and Sell Film Stories. NYNova YorkCovici-Friede, 1937
  • Molly, Bless Her. Nova York: Harper & Brothers, 1937
  • Westward The Dream. Garden City Nova York: Doubleday and Company, 1948
  • The Passions of Linda Lane. Nova York: Diversey Publications, 1949
  • The Powder Keg. Boston: Little, Brown & Co., 1953
  • Off With Their Heads!: A Serio-Comic Tale of Hollywood. Nova York: The Macmillan Company, 1972 [memorias]

Notas editar

  1. Beauchamp. 1997
  2. 2,0 2,1 1900 United States Federal Census
  3. "Earthquake of 1906: 110 years ago today - San Mateo Daily Journal". Sdailyjournal.com. Consultado o 25-1-2017. 
  4. Beauchamp, Cari (1997). Without Lying Down (en inglés). University of California Press. pp. 22–37. ISBN 978-0520214927. 
  5. 5,0 5,1 Biography.com. "Frances Marion Biography". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 7 de maio de 2011. 
  6. "The Love Light starring Mark Pickford and Fred Thompson". YouTube. Consultado o 5-3-2017. 
  7. 7,0 7,1 "The Love Light (Frances Marion, Mary Pickford Co. US 1921) (d/w)". YouTube. 10-10-2013. Consultado o 5-3-2017. 
  8. Sicherman, Barbara; Hurd Green, Carol (1980). Notable American Women: The Modern Period : A Biographical Dictionary. Belknap Press of Harvard University Press. pp. 457. ISBN 0-674-62732-6. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar