Frades, A Estrada

parroquia civil do concello da Estrada

Santa María de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 a súa poboación era de 180 persoas (95 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 172 persoas.

Frades
Igrexa de Santa María de Frades.
ConcelloA Estrada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°42′57″N 8°34′05″O / 42.71596325, -8.56801703Coordenadas: 42°42′57″N 8°34′05″O / 42.71596325, -8.56801703
Poboación180 hab. (2011)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

  • Igrexa de Santa María de Frades, é románica do século XII. Consta dunha ampla nave dividida en tres tramos por tres pares de columnas que serven de apoio aos arcos de directriz apuntada sobre os que se atopa a bóveda.
  • Cruceiro da igrexa de Frades.

Festas editar

A romaría dos milagres de Requián celébrase o 28 de agosto en Requián. Hai misas pola mañá e pola tarde, e procesión da Virxe.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Frades editar

Lugares da parroquia de Frades no concello da Estrada (Pontevedra)

Casalpaio | Chaín | Frades | Requián | Subión | O Vilar | Vilariño

Parroquias da Estrada editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar