Un fotolog, ou fotoblog, é unha forma de compartir imaxes e publicalas co formato dun blog. A diferenza cun blog é o uso predominante de fotografías no canto de texto.

Logo de Fotolog.

Blog fotográfico editar

A palabra fotolog (ou fotoblog) orixinalmente referíase a unha variante de blog, que consiste basicamente nunha galería de imaxes fotográficas publicadas regularmente por un ou máis amantes da fotografía. O texto é tanto ou máis importante cá foto. Xeralmente esta ilustra un aspecto importante do texto e outras veces o texto describe o contido da foto. Moitas veces acéptanse comentarios na forma de libro de visitas, e estes habitualmente refírense á fotografía, ou ó igual que calquera blog, ós feitos relatados. Existen sitios dedicados a hospedaren estas bitácoras como Flickr ou Blogspot pero o habitual é que este tipo de fotologs estean nun sitio cuxo dono é unha única persoa. Nestes casos o autor debe usar un software especial, como Movable Type.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar