Fosfatidilinositol (3,4)-bisfosfato

composto químico

O fosfatidilinositol (3,4)-bisfosfato (PtdIns(3,4)P2 ou PI(3,4)P2) é un fosfolípido que é un compoñente menor das membranas celulares, pero que funciona como un importante segundo mensaxeiro. A xeración de PtdIns(3,4)P2 na membrana plasmática activa varias vías importantes de sinalización celular.[1] Leva dous fosfatos unidos ao inositol, nas posicións 3 e 4.

Estrutura química do sn-1-estearoil-2-araquidonoil fosfatidilinositol (3,4)-bisfosfato, que leva os ácidos graxos esteárico e araquidónico.

O PtdIns(3,4)P2 é desfosforilado pola fosfatase INPP4B na posición 4 do anel de inositol, e pola familia de fosfatases TPTE (fosfatases transmembrana con homoloxía coa tensina) na posición 3 do anel de inositol.

O dominio PH presente en varias proteínas serve para unirse ao PtdIns(3,4)P2, como ocorre co dominio PH da PKB. A xeración de PtdIns(3,4)P2 na membrana plasmática pola activación de PI 3-quinases de clase I e das fosfatases SHIP causa que as proteínas con ditos dominios se transloquen á membrana plasmática, afectando así á súa actividade.

Notas editar

  1. Dimitrios Karathanassis, Robert V. Stahelin, Jerónimo Bravo, Olga Perisic, Christine M Pacold, Wonhwa Cho and Roger L Williams (2002). "Binding of the PX domain of p47phox to phosphatidylinositol 3,4-bisphosphate and phosphatidic acid is masked by an intramolecular interaction". EMBO Journal 21 (19): 5057–5068. PMC 129041. PMID 12356722. doi:10.1093/emboj/cdf519. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar