Fontibón

localidade do Distrito Capital de Bogotá

Coordenadas: 4°40′43″N 74°08′28″O / 4.6786111111111, -74.141111111111

Fontibón é a localidade número nove do Distrito Capital de Bogotá. Atópase no noroeste da cidade. Entre os seus residentes predomina a clase media e media alta, o estrato socioeconómico 3 e 4.

Mapa de Fontibón no Distrito Capital.

Historia editar

 
Catedral Santiago Apóstolo.

Durante a Colonia serviu como tránsito para as recuas de mulas e de viaxeiros entre Santafé de Bogotá e o río Magdalena. Daquela consérvanse, arredor da súa praza central, edificios de estilo español como a igrexa, a casa dos nobres e a casa dos viaxeiros

O até entón concello de Fontibón é anexado en 1954 ó Distrito Especial de Bogotá, no que o seu territorio se estendía até os límites ó norte co que hoxe é o Aeroporto El Dorado, coa Facenda El Salitre de Bogotá polo leste (ó que incorporaría logo), polo sur até o Ferrocarril do Sur e polo oeste, até o sector de Techo, El Humedal El Burro e os límites do actual barrio Tintal (Avenida Manuel Cepeda Vargas), polo cal estes últimos serían cedidos a Kennedy en 1977, ano no que se estabelece como alcaldía menor e a constitución política de 1991 convérteo en localidade de Bogotá.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar