Folgoso, Cerdedo-Cotobade

parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade

Santa María de Folgoso é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Folgoso
Igrexa de Santa María de Folgoso.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°32′43″N 8°21′34″O / 42.54536351, -8.35932144Coordenadas: 42°32′43″N 8°21′34″O / 42.54536351, -8.35932144
Poboación112[2] hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Hai dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscricións rupestres. Hai un castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.

A igrexa de Santa María de Folgoso levántase sobre un primitivo templo románico fundado por Carboeiro. Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de Santo Antón. A carón do río Lérez está a ermida do Pego.[3]

O portón da casa dos Taboada ten unha figura de Santa Bárbara e dous Gardas civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Folgoso editar

Lugares da parroquia de Folgoso no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Cachofés | O Casal | Covas | Outeiro | Quinta | Vilariño

Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. Ermida do Pego na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar