Florence Bascom (14 de xullo de 1862 – 18 de xuño de 1945) foi unha xeóloga estadounidense, a segunda muller en obter o doutoramento (Ph.D) en xeoloxía nos Estados Unidos e a primeira contratada polo United States Geological Survey.[1] Foi coñecida por facer descubrimentos innovadores no seu campo. Precedeu á seguinte xeración de notables mulleres xeólogas.

Infotaula de personaFlorence Bascom
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1862
Williamstown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xuño de 1945 (aos 82 anos)
Williamstown, Massachusetts
Causa da morteDoença cerebrovascular (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWilliams College Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
EducaciónUniversidade de Wisconsin–Madison, Universidade Johns Hopkins
Actividade
Campo de traballoXeoloxía
Lugar de traballo Bryn Mawr
Pensilvania
Maryland
Washington, D.C.
Ilha de Mount Desert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeóloga , editora literaria , autora , profesora universitaria , educadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorServiço Geológico dos Estados Unidos (pt) Traducir (1896–)
Bryn Mawr College (1895–)
Universidade Estatal de Ohio, instructional staff (en) Traducir, professor associado (pt) Traducir (1893–1894)
Rockford University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosIda Helen Ogilvie (pt) Traducir e Eleanora Knopf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaisJohn Bascom (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Emma Curtiss Bascom (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bascom-466 Find a Grave: 24573802 Editar o valor em Wikidata

Infancia e educación editar

Naceu en Williamstown, Massachusetts o 14 d xullo de 1862. O seu pai era John Bascom, profesor do Williams College e posterior presidente da Universidade de Wisconsin-Madison.[2] A súa nai, Emma Curtiss Bascom, foi unha activista dos dereitos da muller implicada no movemento sufraxista.[3] Os seus pais eran firmes defensores dos dereitos da muller e animaban as mulleres a cursar unha educación superior.

Florence Bascom graduouse en humanidades (B.A.) e en letras (B.Litt.) en 1882, e despois en ciencias en 1884 na Universidade de Wisconsin, e permaneceu alí para obter o seu máster de ciencias (M.S.) en 1887.[4] Durante ese tempo as mulleres tiñan un acceso limitado a recursos educativos como a biblioteca e o ximnasio, e mesmo ás aulas se había nelas homes. Os seus profesores na Universidade de Wisconsin, Charles Van Hise e Roland Irving, formaban parte da USGS.[5] Bascom recibiu o título de doutoramento (Ph.D.) na Universidade Johns Hopkins. Cando estaba estudando na Johns Hopkins obrigábana a sentar detrás dunha pantalla para non perturbar aos homes.[2]

Aínda que foi a segunda muller que obtivo un doutoramento (Ph.D) en xeoloxía, foi a primeira muller xeóloga que presentou un artigo científico ante o Geological Survey of Washington, en 1901. Tamén foi a primeira muller elixida para o Consello do Geological Survey of America (en 1924; non se volveu a elixir outra muller ata 1945). Empezou a súa carreira de ensinanza en 1884 no instituto da Escola Hampton de Negros e Indios Americanos (actualmente coñecida como Universidade Hampton), e traballou alí durante un ano antes de volver á Universidade de Wisconsin para obter o seu máster. Ensinou matemáticas e ciencias no Rockford College desde 1887 a 1889 e despois na Universidade do Estado de Ohio desde 1893 a 1895.[4]

Deixou a Universidade do Estado de Ohio para traballar no Bryn Mawr College, onde puido realizar investigacións orixinais e impartir cursos de xeoloxía de nivel máis alto. Alí fundou o Departamento de Xeoloxía[4] e puxo en marcha un programa de graduación no que se adestraron moitas das primeiras mulleres xeólogas do século XX.[3]

Bascom retirouse da ensinanza en 1928 pero continuou traballando para o U.S. Geological Survey ata 1936.[2]

Traballo editar

Bascom obtivo o posto de xeóloga asistente no U.S. Geological Survey en 1896 e foi a primeira muller nomeada para ese posto. Desde 1896 a 1908, foi editora asociada da revista American Geologist.[6]

Foi ascendida ao posto de xeóloga en 1909 pola USGS e asignada á rexión do Pedemonte Medioatlántico dos Estados Unidos. Unha gran parte do seu traballo estivo centrado nas rochas cristalinas e a xeomorfoloxía desta rexión.[7] Este traballo aínda ten influencia no século XXI.[4] Creou os moi coñecidos folios do U.S. Geological Survey sobre Filadelfia (1909), Trenton (1909), Elkton-Wilmington (1920), Quakertown-Doylestown (1931) e Honeybrook-Phoenixville (1938).[6]

Recibiu 4 estrelas na primeira edición do American Men and Women of Science (que, en realidade, daquela chamábase American Men of Science), un alto honor para un científico de calquera sexo.[4]

Tamén se considera que contribuíu de forma importante á comprensión de como se formaron os montes Apalaches grazas aos seus estudos de investigación de petroloxía.

A Dra. Bascom foi profesora de xeoloxía no Bryn Mawr College durante 33 anos, onde desenvolveu o simple curso de xeoloxía que había nun curso de carreira completo, e posteriormente nun programa de graduado. Influíu e ensinou á maioría das mulleres xeólogas de finais do século XIX e inicios do XX, e deixou a súa pegada na investigación xeolóxica futura nos Estados Unidos.[8] Os seus estudantes describíana como incisiva, rigorosa e coherente.

En 1928 Bascom retirouse da súa longa e influente carreira docente. Aínda estando retirada, continuou traballando para o USGS ata 1936.[5]

A tese de doutoramento de Bascom tratou sobre a reidentificación de certas rochas que se pensaba que eran sedimentarias pero que en realidade demostrou que eran metamórficas formadas por metamorfismo de lavas, para o que usou avanzadas técnicas petrográficas e foi moi influente no campo da xeoloxía.[4]

Tivo varias estudantes que acabaron sendo membros do USGS: Eleanora Bliss Knopf, Anna Jonas Stose, Louise Kingsley, Katharine Fowler-Billings, Mary Porter, Julie Gardner,[2] e Ida Helen Ogilvie.[9]

En 1894, Bascom foi a segunda muller elixida pola Geological Society of America.[3][9] Chegou a ser conselleira en 1924 e vicepresidenta da sociedade en 1930. Foi membro do United States National Research Council e da American Geophysical Union.[7] A Geological Society of Washington permitiulle presentar un artigo científico; e foi a primeira muller ao que se lle concedeu ese honor.[4]

Florence Bascom morreu dunha apoplexía (hemorraxia cerebral) o 18 de xuño de 1945.[4] Está enterrada nun cemiterio do college de Williamstown preto doutros membros da súa familia.[10]

Nomeados en honor de Florence Bascom editar

Publicacións editar

Florence Bascom publicouuns 40 artigos obre petrografía xenética, xeomorfoloxía e gravas.[6] O seu propio relato de como foi a súa mocidade en Madison pode encontrarse na Wisconsin Magazine of History, marzo de 1925.[11]

  • "The Geology of the Crystalline Rocks of Cecil County" Maryland Geological Survey (1902)
  • "The ancient volcanic rocks of South Mountain, Pennsylvania" Pennsylvania US Geological Survey Bulletin No. 136 (1896)
  • "Water resources of the Philadelphia district" US Geological Survey Water-Supply Paper No. 106 (1904)
  • "Geology and mineral resources of the Quakertown-Doylestown district, Pennsylvania and New Jersey" Edgar Theodore Wherry e George Willis Stose. US Geological Survey Bulletin No. 828 (1931)
  • "Elkton-Wilmington folio, Maryland-Delaware-New Jersey-Pennsylvania" with B.L. Miller. Geologic atlas of the United States; Folio No. 211 (1920)
  • American Mineralogist, Volume 31, 1946
  • Bryn Mawr Alumnae Bulletin, novembro, 1945; primavera, 1965
  • Science, setembro, 1945
  • University of Wisconsin Department of Geology and Geophysics Alumni Newsletter, 1991
  • Arnold, Lois Barber, Four Lives in Sciences, Schocken Books, 1984
  • Smith, Isabel F., The Stone Lady: A Memoir of Florence Bascom, Bryn Mawr College, 1981[12]

Notas editar

  1. Schneidermann, Jill (xullo de 1997). "A Life of Firsts: Florence Bascom" (PDF). GSA Today. Geological Society of America. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gohn, Kathleen K. (2004). "Celebrating 125 Years of the U.S. Geological Survey" (PDF). U.S. Geological Survey Circular 1274. p. 4. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Clary, Renee (2007). "Great expectations: Florence Bascom (1842–1945) and the education of early US women geologists.". The Role of Women in the History of Geology: The Geological Society of London. Special Publication 281: 123–135. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gates, Alexander E. (2009). A to Z of Earth Scientists. Facts on File. ISBN 9781438109190. 
  5. 5,0 5,1 "Florence Bascom, Pioneer Geologist | Science Features". www2.usgs.gov. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2016. Consultado o 2016-11-01. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Encyclopædia Britannica Online Academic Edition. "Florence Bascom". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Inc., 2012. 
  7. 7,0 7,1 Rosenberg, Carroll S. (1971). "BASCOM, Florence (July 14, 1862-June 18, 1945)". Notable American Women: 1607-1950. Cambridge: Harvard University Press. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  8. "Biographies of Women in Science". www.eiu.edu. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 Eckel, Edwin B. (1982). The Geological Society of America, life history of a learned society. Boulder, Colo.: Geological Society of America. p. 37. ISBN 978-0813711553. 
  10. "Florence Bascom facts". biography.yourdictionary.com/Florencebascom. 
  11. Bascom, Florence (1924–1925). "The University in 1874-1887". The Wisconsin Magazine of History. Wisconsin Historical Society. pp. 300–308. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  12. "Florence Bascom Facts". biography.yourdictionary.com. Consultado o 2016-10-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar