O floema[1] ou líber[2][3] é un tecido propio dos vexetais vasculares que se xera a partir do cámbium, e é o responsable do transporte das substancias elaboradas tales coma a sacarosa, os aminoácidos ou os alcaloides, desde órganos produtores (maioritariamente follas) ata órganos consumidores, como flores, froitos ou raíces. Isto explica a necesidade de que sexa un vaso bidireccional.

Floema
Sección transversal dun talo da planta de liño:
1. Medula,
2. Protoxilema,
3. Xilema,
4. Floema,
5. Esclerénquima (Fibra basta),
6. Córtex,
7. Epiderme

Tipos celulares editar

Células cribosas: Células vivas carentes de núcleo e cloroplastos con parede celular "cribosa" é dicir, furadada para permitir o transporte das substancias.

Células Parenquimáticas: Son as células que posúen a maquinaria celular para atender ás células cribosas.

Hipóteses do transporte editar

Transporte Pasivo mediante potenciais hídricos favorábeis.

Transporte activo mediante electroósmose de ións de potasio, isto atraería ás substancias cargadas negativamente.

Transporte activo mediante correntes citoplasmáticas causadas por movementos peristálticos das células cribosas.

Transporte activo mediante o emprego de filamentos de actina, isto explicaría o cambio de dirección que sofre o floema.

Probablemente o movemento dos fluídos do floema débase a unha combinación de todos eles, é dicir, o bombeo de solutos cara células adxuntas provoca un descenso do potencial hídrico (máis favorábel), plasmolizando a anterior, e producindo turxencia na seguinte, o que provocará que se repita o ciclo. Esta mobilización de solutos estará probabelmente provocada polos filamentos de actina e consecuencia de todo isto serán movementos peristálticos nas células cribosas.

Notas editar