Flavio Severo

emperador romano entre 306 e 307

Flavio Valerio Severo, en latín Flavius Valerius Severus, falecido o 16 de setembro do ano 307, foi un emperador romano de Occidente. Foi un militar romano de orixe iliria, nacido no seo dunha familia humilde.

Flavio Severo
Nacementoséculo III
Lugar de nacementoIliria
Falecementosetembro de 307
Lugar de falecementoRávena
Causadesangramento
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
FillosSeveriano
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Baixo o nome de Severo II, foi un militar brillante, pero de escasa mentalidade política. Cando no 305, Diocleciano abdica e Maximiano, augustus de Occidente tamén o fai obrigado. Galerio nomea a Flavio Severo césar de Occidente, pasando por riba das intencións de Constancio I Cloro, que quería nomear o seu fillo Constantino. Ademais, Maxencio, o fillo do emperador Maximiano, tamén consideraba que tiña dereitos sobre o trono, e como tal, rebélase, faise proclamar augustus en Roma, e chama o seu pai para o seu carón co fin de gobernar ámbolos dous como augustus.

Galerio, augustus de Oriente, atópase de súpeto con catro augustus en occidente. Constancio I Cloro, Severo II, Maxencio e Maximiano. Constancio I Cloro morre en Britania nunha expedición contra os pictos, pero as lexións nomean o seu fillo Constantino augustus.

Galerio envía a Severo II a Italia para rematar coas intencións de Maxencio e Maximiano, nomeados despois da rebelión do pobo de Roma en contra da designación de Severo II como césar. Pero as tropas abandonan a Severo II que ten que fuxir cara a Rávena. Aló é convencido por Maximiano de que se lle respectara a súa vida a cambio da súa abdicación, cousa que fai, entregándose ós seus persecutores.

Pero Galerio, emperador en Oriente, non acepta esta situación e prepara a invasión de Italia. Cando chega para se enfrontar ós seus "augustus" rivais, Maxencio manda asasinar a Severo II, que se atopaba prisioneiro en Roma no ano 307.

Imperio Romano

Segue a:
Galerio
Flavio Severo
Precede a:
Maxencio
Tetrarquia