Fiz I, nado en Roma e finado o 30 de decembro de 274, foi Papa da igrexa católica de 269 a 274.

Infotaula de personaFiz I, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 274 Editar o valor em Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatacumba de Calisto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
26º Papa
5 de xaneiro de 269 – 30 de decembro de 274
← DionisioEutiquiano → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa30 de decembro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun tal Constancio, o seu pontificado coincidiu co goberno do emperador Aureliano quen nos primeiro anos do seu reinado abandonou a política de persecucións que contra os cristiáns aplicaban os seus antecesores.

Nos comezos do seu pontificado chegaron a Roma novas do sínodo celebrado en Antioquía e que depuxo ao bispo Paulo de Samosata por ensinar unha doutrina contraria ás ensinanzas da Igrexa contra a Trindade. A cuestión tomaría un cariz político polo apoio ao bispo de Antioquía do emperador romano Aureliano, a pesar do cal Fiz emitiu un decreto indicando que ninguén podía ser bispo se non estaba en comuñón coa sé de Roma co que ratificou a deposición aprobada no concilio de Antioquía do bispo da cidade, afirmando a divindade e humanidade de Cristo e as dúas naturezas distintas nunha soa persoa.

Ordenou soterrar aos mártires baixo os altares dos templos e celebrar a misa sobre os seus sepulcros, celebración que só poderían realizala os sacerdotes e no propio templo agás por causa maior, para impedir a celebración de misas privadas.

Na derradeira época do seu pontificado, Aureliano retomou a política de persecucións.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.