Finlandia (Sibelius)

O poema sinfónico Finlandia (Op. 26) compúxoo Jean Sibelius en 1899 e revisou de novo en 1900 para animar a loita popular contra da revogación da autonomía finesa polo goberno imperial ruso, converteuse nunha peza moi popular no país, nun himno oficioso e secreto por canto as autoridades rusas prohibírano

Finlandia
de Jean Sibelius
Primeira edición da redución de Finlandia, editada por Breitkopf & Härtel.
XéneroSinfónico
FormaPoema sinfónico
TextoFinlandia hymni[a]
Composición1899 (r. 1900)
Gravación1909, dir. Ronald Landon[1]
Estrea
Data2 de xullo de 1900
LugarHelsinqui
DirectorRobert Kajanus
IntérpretesOrquestra da Sociedade Filharmónica de Helsinqui

Finlandia era o cadro final dunha suite de varias pezas que Sibelius compuxo para ser estreada con ocasión das Festas da Pensión da Prensa de 1899, a prensa fora precisamente un dos baluartes da oposición á rusificación de Finlandia, e o acto converteuse nun chamamento do sentimento patriótico finés nun momento no que a política rusa se facía máis agresiva. Gran parte do peza é música turbulenta e implorante, utilizando instrumentos de vento, evocando a loita do pobo finés polos seus dereitos mais cara ao fin da obra a composición vólvese máis serenamente melódica, esta última parte volveuna escribir Sibelius máis tarde como unha nova peza co nome de Finlandia-hymni.

Orquestración editar

A partitura de Sibelius require da utilización de:

Instrumentación de Finlandia
Madeiras
2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, contrafagot
Metais
4 trompas, 3 trompetas en Fa, 3 trombóns, tuba
Percusión
Timpani, bombo, pratos, ferriños
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos

Notas editar

  1. Existen varias versións da obra: unha instrumental e varias para orquestra e coro con textos de distintos escritores.[1]
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Finlandia" (en inglés). sibelius.fi. Consultado o 19 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar