Filippo Brunelleschi

arquitecto, escultor e enxeñeiro do Renacemento italiano

Filippo Brunelleschi, nado no 1377 e finado o 15 de abril de 1446, foi un grande arquitecto florentino do Renacemento italiano.

Infotaula de personaFilippo Brunelleschi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1377 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Florencia (República de Florencia) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1446 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Roma (República de Florencia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María del Fiore Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura do Renacemento Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , arquitecto , enxeñeiro , enxeñeiro civil , orfebre Editar o valor em Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento e Renacemento italiano Editar o valor em Wikidata
AlumnosMichelozzo e Andrea Cavalcanti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesAndrea Cavalcanti (pt) Traducir (fillastro) Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 5944 Editar o valor em Wikidata
Escultura de Brunelleschi

Traxectoria editar

Participou no concurso que se realizou en 1401 para elixir a segunda porta de bronce do baptisterio de Florencia, realizando unha composición no relevo que demostraba unha preocupación polo fondo humano da obra representada. Negouse a colaborar con Lorenzo Ghiberti, os dous foran gañadores ex-aequo, na realización conxunta da porta e marchou cara Roma e co seu amigo Donatello entrou en contacto cos monumentos antigos que virou cara a arquitectura.

De volta a Florencia realizou a súa primeira grande obra, a cúpula da catedral de Florencia o que lle supuxo a resolución de complexos problemas técnicos e se converteu nun símbolo da primacía da cidade e o seu entronque histórico coa antiga Roma. No Hospicio florentino, obra de 1419, Brunelleschi domina xa as proporcións o que caracterizara a súa obra fronte a infinitude gótica. Na capella Pazzi acada un punto culminante no ritmo medido e contrastado dos elementos arquitectónicos resaltados en pedra gris sobre o muro branco. Brunelleschi foi o que estableceu os novos canóns clásicos de ritmos serenos, xeometría clara e simetría, nese novo canon vai ter unha importancia fundamental o seu descubrimento dos principios da perspectiva, isto é o modo de representar o espazo de tres dimensións sobre unha superficie plana dende un só punto de vista.

Na súa arquitectura Brunelleschi vai aplicar a perspectiva como método para analizar o espazo e estes principios seguiron a se utilizaren na arte occidental ata a chegada do cubismo.