Filipa de Hainaut

Filipa de Hainaut, nada en Valenciennes aproximadamente en 1314 e finada o 15 de agosto de 1369, foi a raíña consorte de Eduardo III de Inglaterra.

Filipa de Hainaut
Nacemento24 de xuño de 1314
Lugar de nacementoValenciennes
Falecemento15 de agosto de 1369 e 1369
Lugar de falecementoCastelo de Windsor
Causaedema
SoterradaAbadía de Westminster
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónrexente
PaiGuillerme I de Hainaut
NaiJoana de Valois, Condessa de Hainaut
CónxuxeEduardo III de Inglaterra
FillosEduardo de Woodstock, Joana de Inglaterra (1335–1348), Leonel de Antuérpia, Xoán de Gante, Edmundo de Langley, Mary of Waltham, Tomás de Woodstock, Joan of England, Isabela de Coucy, William of Hatfield, Blanche de la Tour Plantagenet, Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke, Thomas of England e William of Windsor
IrmánsWilliam II of Hainaut, Margarida II, Condessa de Hainault e Joanna of Hainaut
Na rede
WikiTree: Hainaut-42
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Filipa de Heinaut.

Traxectoria editar

Naceu en Valenciennes (daquela condado de Hainaut, hoxe Francia) filla do conde de Hainaut Guillerme I e de Xoana de Valois, neta de Filipe III de Francia.

Casou con Eduardo o 24 de xaneiro de 1328, once anos antes da súa ascensión ao trono. A diferenza de moitas predecesoras entre as raíñas consortes inglesas, non causou molestias na corte introducindo costumes estranxeiros.

Filipa acompañou a Eduardo nas súas expedicións a Escocia (1333) e a Flandres (1338-40), onde recibiu o recoñecemento pola súa bondade e compaixón. É recordada pola historia como unha muller benévola, que persuadiu ao seu marido a perdoar os burgueses de Calais (1346) cando tiñan que ser executados de xeito exemplar.

Exerceu como rexente en varias ocasións mentres o seu marido estaba no continente.

O 15 de agosto de 1369 Filipa morreu de enfermidade no castelo de Windsor, aos 55 anos e foi enterrada na abadía de Westminster.

Descendentes editar

Filipa e Eduardo tiveron 14 fillos, dos cales chegaron a adultos (Filipa sobreviviu a 9 dos 14 nenos). A súa descendencia desempeñaría un papel importante no desenvolvemento das futuras guerras civís inglesas, que se habían coñecer como a Guerra das Dúas Rosas.

Tres fillos máis e dúas fillas morreron na infancia.