Antonio di Pietro Averlino ou Antonio di Pietro Averulino, alcumado Il Filarete, "o que ama a virtude", nado en Florencia contra 1400 e finado en Roma contra 1469, foi un escultor e arquitecto italiano.

Infotaula de personaFilarete

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Antonio di Pietro Averlino Editar o valor em Wikidata
c. 1400 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte1469 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , medallista , escultor , historiador da arte Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1415 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata - 1469 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
A torre de Il Filarete, Milán

Traxectoria editar

Florentino, fixo o seu aprendizado no taller de Lorenzo Ghiberti. No ano 1445, en Roma, ás ordes do papa Euxenio IV, completou as follas en bronce para a porta da Basílica de San Pedro: cada folla estaba dividida en tres recadros sobrepostos, no de embaixo á esquerda figurou o martirio de san Paulo; san Paulo e Cristo sedente nun trono; no de embaixo á dereita representou o martirio de san Pedro; san Pedro entregando as chaves a Euxenio IV e máis a Madonna no seu trono; os recadros estaban enmarcados con decoración de emperadores mostrados en perfil, nos espazos intermedios entre estes perfís colocou escenas do pontificado de Euxenio IV.

No 1459 foi presentado perante Piero de Medici na corte de Francesco Sforza. Permaneceu, entre tanto, en Milán até o 1465, onde traballou para a Veneranda Fabrica do Duomo, na torre da fachada do Castelo, e no Ospedale Maggiore (Hospital Maior), no cal dirixiu os traballos entre 1457 e 1465; para o hospital, Filarete plasmou un modelo en planta de cruz grega, destinado a ter grande éxito, pois sería seguido na España dos Reis Católicos en realizacións como o Hospital da Santa Cruz de Toledo, ou no Hospital Real de Santiago de Compostela, ambos proxectados por Enrique Egas. Fóra de Milán traballou no Duomo de Bérgamo. Non continuou máis tempo en Milán, pese ao apoio do duque, pola competencia dos arquitectos lombardos, encabezados por Guiniforte Solari.

A cidade ideal editar

Entre 1460 e 1464, compuxo os 25 libros do seu Trattato di Architettura (Tratado de Arqitectura), que non sería publicado até 1490, escrita en lingua romance e dedicada a Francesco Sforza. O tratado contén o plano da primeira cidade ideal completa: Sforzinda, a cidade está inserta nun cerco amurallado en forma de estrela de oito puntas. O proxecto non foi nunca levado a cabo na realidade. De seguido traballou en diversas cortes, en Florencia no ano 1488, e no ano seguinte en Venecia.

Para Filarete o debuxo era unha actividade intelectual, un instrumento de comunicación do pensamento, forma sensíbel da idea, "fondamento e via d’ogni arte che di mano si faccia" (fundamento e vía de toda arte manual). Unha concepción moi similar á mantida por Leon Battista Alberti que definía o debuxo como "un tracciato preciso e uniforme, concepito nella mente, eseguito per mezzo di linee ed angoli, e condotto a compimento da persona dotata d’ingegno e di cultura" (un trazado preciso e uniforme, concibido na mente, executado por medio de liñas e ángulos, e levado a fin pola persoa dotada de enxeño e de cultura).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Maria Beltramini, Le illustrazioni del trattato d’architettura di Filarete: storia, analisi e fortuna, in Annali di architettura n° 13, Vicenza 2001.

Outros artigos editar