Figueiredo, Piñeira, Ribas de Sil

lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribas de Sil

Figueiredo é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribas de Sil, na beira do río Sil. Segundo o IGE no 2008 tiña 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres).

Figueiredo

Vista da aldea.
ParroquiaPiñeira
ConcelloRibas de Sil
Coordenadas42°24′57″N 7°13′47″O / 42.4158, -7.2298Coordenadas: 42°24′57″N 7°13′47″O / 42.4158, -7.2298
Poboación18 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Está situada na comarca de Quiroga, a uns 10 km de Quiroga e San Clodio, cos que se comunica a través da N-120.

Recursos editar

A economía do lugar é de subsistencia. A idade media da poboación é moi alta, con bastantes xubilados. Malia que hai moita emigración cara ás vilas da Rúa de Valdeorras, Petín, San Clodio ou Quiroga, estanse construíndo novas casas coma segunda residencia.

Festas editar

Malia que o común era celebrar a festividade de San Sebastián, o 20 de xaneiro, para aumentar a asistencia ás festas ultimamente celébrase en agosto.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Piñeira editar

Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribas de Sil (Lugo)

Figueiredo | Piñeira de Abaixo | Piñeira de Arriba

Parroquias de Ribas de Sil editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribas de Sil

Nogueira (Nosa Señora das Neves) | Peites (San Martiño) | Piñeira (San Cristovo) | Rairos (Santa Lucía) | Ribas de Sil (San Clodio) | Soutordei (Santiago) | Torbeo (Santa María)