Fibra alimentaria

En alimentación e nutrición denomínase fibra alimentaria, ás veces tamén chamada fibra dietética, ás partes das plantas comestíbeis que resisten a dixestión e absorción no intestino delgado humano e que experimentan unha fermentación parcial ou total no intestino groso. Está formada por un conxunto de compostos químicos de natureza heteroxénea (polisacáridos, oligosacáridos, lignina e outras substancias análogas).

Os cereais integrais (co farelo) son unha fonte primordial de fibra alimentaria.

Características editar

Desde o punto de vista nutricional, e en sentido estrito, a fibra alimentaria non é un nutriente, xa que non participa directamente nos procesos metabólicos básicos do organismo. Porén, desempeña funcións fisiolóxicas sumamente importantes, como estimular a peristaltismo intestinal.

A razón pola que o organismo humano non pode procesala débese a que o aparato dixestivo non dispón de enzimas que poidan hidrolizala, como ocorre nalgúns grupos de animais, como os ruminantes ou os insectos xilófagos. Pero iso non significa que a fibra alimentaria pase intacta a través do aparato dixestivo: aínda que o intestino no dispón de enzimas para dixerila, os enzimas da flora intestinal fermentan parcialmente a fibra e descompóñena en diversos compostos químicos: gases (hidróxeno, dióxido de carbono e metano) e ácidos graxos de cadea curta (acetato, propionato e butirato). Estes últimos poden exercer unha función importante no organismo dos seres vivos.

A fibra alimentaria encóntrase unicamente en alimentos de orixe vexetal pouco procesados tecnoloxicamente, como os cereais, froitas, verduras e legumes.

Tipos de fibra alimentaria editar

Distínguense dous tipos tipos de fibra alimentaria:

  • Fibra alimentaria insolúbel: é a fibra que a maioría das persoas coñece. Dentro dos alimentos ricos en fibra alimentaria insolúbel destacan as froitas, verduras, legumes e os cereais integrais. A celulosa, a hemicelulosa, a lignina e o amidón resistente son fibras alimentarias insolúbeis.
  • Fibra alimentaria solúbel: a fibra solúbel forma unha especie de xel moi saudábel no intestino. Como alimentos ricos en fibra alimentaria solúbel temos as espinacas, os froitos secos, os cereais (especialmente a avea), legumes (garavanzos, lentellas, fabas, ervellas), froitas como a papaia, a pel da mazá, a manga ou os albaricoques secos etc. A inulina, as gomas, as mucilaxes, as pectinas e os oligosacáridos da frutosa son fibras alimentarias solúbeis.
Tipo de fibra Alimentos Beneficios
Fibra insolúbel Son alimentos ricos en fibra insolúbel a fariña integral de trigo, o farelo (alimentos integrais), as ervellas, o repolo e as froitas maduras (mazás, cítricos)
  • Aumenta a masa fecal, provocando feces máis voluminosas e brandas. Por conseguinte:
  • Limpa a parede intestinal.
  • Facilita o tránsito intestinal.
  • Evita o retraemento.
  • Tamén contribúe a diminuír a concentración e o tempo de contacto de potenciais carcinoxénicos coa mucosa do colon.
Fibra solúbel Son alimentos ricos en fibra solúbel a avea, a papaia, as ameixas, a cenoura, os cítricos, as fabas, lentellas e garavanzos.
  • Acelera o tránsito intestinal.
  • Incrementa o volume das feces.
  • Ralentiza o baleirado gástrico e aumenta a súa distensión, prolongando a sensación de saciedade, o que provoca unha diminución na absorción de glicosa, lípidos e aminoácidos.
  • Axuda a regular os niveis glicémicos e o colesterol (debido á ralentización da absorción de azucres e graxas na súa presenza).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.