Festival de Edimburgo

O Festival de Edimburgo é un termo co que se agrupan distintos festivais de actividades culturais que teñen lugar todos os meses de agosto na cidade de Edimburgo, a capital de Escocia.

Actuación na Royal Mile

Historia editar

En 1947 ten lugar a primeira edición do Festival Internacional de Edimburgo, centrado no teatro. Paralelamente, oito compañías dramáticas promoveron, no marco dese mesmo festival, un ciclo paralelo, que co tempo evoluiría ata converterse no The Fringe, o festival alternativo (en inglés, marxinal). Tamén nese primeiro ano se botou a andar o Festival Internacional de Cine de Edimburgo.

Co tempo, serían moitas outras actividades as que se virían sumar ao Festival de Edimburgo, convertendo a cidade na capital cultural non oficial de Europa no mes de agosto, se ben as súas datas de comezo e fin non sempre coinciden co festival orixinal de teatro.

 
Na rúa actúan tanto as compañías que promocionan os seus espectáculos como outros artistas de rúa

Lista de festivais editar

Ademais, unha serie de certames e mostras celebradas en agosto en Edimburgo aparecen vencelladas ao Festival, pero non son recoñecidos como tal oficialmente. Son:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar