Ferrado

unidade de medida galega

O ferrado (tamén coñecida como tega nalgúns lugares) é unha medida galega, moi variábel dun lugar a outro. Dada a variedade existente, almanaques agrícolas como o ZZ, O Mintireiro Verdadeiro ou O Gaiteiro de Lugo adoitaban incluír unha equivalencia co sistema métrico decimal segundo as zonas xeográficas.

Ferrado para medir o millo.

Características editar

Inicialmente foi unha medida de superficie, non métrica, á que co tempo se lle foi atribuíndo unha equivalencia co sistema métrico decimal e equiparando a outras medidas de volume e masa.

  • Superficie: segundo os lugares, oscila entre os catrocentos e os seiscentos metros cadrados, aínda que o seu valor pode ser moito máis variábel.
  • Masa: medida para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variábel segundo os lugares ou segundo o produto que se mida, que pode ir dos doce aos vinte quilogramos, e que corresponde habitualmente a dous tegos.
  • Volume: medida para produtos agrarios que coincide coa medida dun caixón trapezoidal.

O valor do ferrado varía moito entre os distintos concellos de Galicia. Un ferrado galego equivale a un celemín de Castela, que abrangue 537 m2 de extensión.

 
Tegas de Castro Caldelas.

A cantidade de centeo, millo ou trigo contida nun ferrado era o importe que pagaban os pais da Galicia rural por aprenderlle aos seus fillos a ler, escribir e contar nas chamadas, por esta causa, escolas de ferrado, comúns nas aldeas galegas ata os anos 50-60 do século pasado, cando se xeneralizou o ensino público e obrigatorio.

Cartografía metrolóxica editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar