Fernando Couto

futbolista portugués

Fernando Manuel Silva Couto, máis coñecido como Fernando Couto, nado o 2 de agosto de 1969 en Espinho (Portugal) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Fernando Couto
Información persoal
Nome Fernando Manuel Silva Couto
Nacemento 2 de agosto de 1969 (54 anos)
Lugar de nacemento Espinho
Altura 1,84 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
FC Porto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988 FC Porto 1 (0)
1988-1989FC Famalicão (Cedido) 0 (0)
1989-1990Académica de Coimbra (Cedido) 28 (3)
1990-1994 FC Porto 106 (19)
1994-1996 Parma FC 39 (4)
1996-1998 FC Barcelona 44 (0)
1998-2005 SS Lazio 145 (9)
2005-2008 Parma FC 63 (1)
Selección nacional
1990–2004 Portugal 110 (8)
Na rede
FIFA: 177672 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do FC Porto, debutando co primeiro equipo no ano 1988. Os dous anos seguintes pasounos cedido, primeiro no FC Famalicão e despois no Académica de Coimbra. No ano 1990 volveu a Porto, onde se fixo cun oco no equipo titular nas seguintes tempadas.

En 1994 fichou polo Parma FC, co que gañou a Copa da UEFA en 1995. En 1996 fichou polo FC Barcelona, onde militou dúas tempadas.

En 1998 voleu a Italia, ao fichar polo SS Lazio. Xogando no equipo romano deu positivo nun control antidopaxe por nandrolona, polo que foi sancionado con entre catro e nove meses de inhabilitación.

No verán de 2005 remata contrato coa Lazio e ficha outra vez polo Parma FC, club no que se retirou en 2008.

Despois de deixar o fútbol en activo ocupou o posto de director deportivo do Sporting de Braga.

Coa selección editar

Debutou coa Selección de fútbol de Portugal no ano 1990 e disputou un total de 110 encontros. Coa selección disputou as Eurocopa de Fútbol de Inglaterra 1996, Bélxica/Países Baixos 2000 e Portugal 2004.

Tralo certame de Portugal, no que o equipo se proclamou subcampión, Couto retirouse da selección

Palmarés editar

Co FC Porto editar

  • Primeira División de Portugal: 1987/88, 1991/92 e 1992/93.
  • Copa de Portugal: 1988, 1991 e 1994.
  • Supercopa de Portugal: 1991 e 1994

Parma FC editar

FC Barcelona editar

SS Lazio editar

  • Serie A: 1999/00.
  • Copa de Italia: 2000 e 2004.
  • Supercopa de Italia: 1998 e 2000.
  • Copa da UEFA: 1999.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar