Fernando Cortizo

director de cinema español

Fernando Cortizo Rodríguez, nado en 1973 en Santiago de Compostela, é un director e guionista galego.

Fernando Cortizo
Nome completoFernando Cortizo Rodríguez
Nacemento1973
LugarSantiago de Compostela, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Isabel Rey Sastre
FillosPaula, Pío, Martín
ProfesiónDirector de cine, guionista
Na rede
IMDB: nm2029797 Facebook: fernando.cortizorodriguez Youtube: UCw3z3r-FccGFXfVrWshSxeg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras exercer un tempo como veterinario, comezou a interesarse polo cine de imaxe real, e realizou dúas curtametraxes de imaxe real, para logo pasar á animación en stop motion coa curtametraxe Black Cat Spantat. Tras esta primeira experiencia, en 2007 creou Artefacto Producciones, onde realizou O Boiro, O Ladrón de Bonecas, Leo, Sombras na noite e Promesa.

En 2009 comezou a produción da súa primeira longametraxe, O Apóstolo, sendo o primeiro filme europeo en stop motion estereoscópico. Para o proxecto conseguiu involucrar a técnicos procedentes das maiores producións mundiais, así como ó músico norteamericano Philip Glass para a realización da banda sonora. O filme foi gañador de numerosos premios internacionais como: Premio do Público ANNECY (Francia 2013), Premio do Xurado Fantasporto (Portugal 2013), Gañador de Animamundi (Brasil 2013), mellor filme Animpact (Corea 2013), mellor filme Expotoons (Arxentina 2012), ademais dun nomeamento nos Premios Goya 2013, na categoría mellor filme de animación.

Filmografía editar

Longametraxes editar

  • O Apóstolo (2012), animación.
  • Terry´s Way. O Camiño acaba en Obradoiro (2016), documental.

Curtametraxes editar

  • O monstro da praia (2000), imaxe real.
  • Sólo (2002), imaxe real.
  • Blackat spantat (2004), animación.
  • Dez Olladas (2004), documental.
  • Bucowski (2004), imaxe real.
  • O Boiro (2005), animación.
  • O Ladrón de Bonecas (2005), animación.
  • Promesa (2006), animación.
  • Leo (2007), animación.
  • O coidador de gatos (2008), animación.

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor director O Apóstolo Gañador
Mellor guión O Apóstolo Nomeado

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar