Ferdulfo de Friúl

Ferdulfo (?-?) foi duque longobardo de Friúl ao principio do século VIII.

Ferdulfo de Friúl
Nacementoséculo VI
Falecemento705
Causamorto en combate
Ocupaciónaristócrata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixinario da Liguria, subiu ao trono do ducado despois da morte do rexente Adón. Segundo a tradición recollida por Paulo Diácono, quería demostrar a súa forza atraendo con ricos dons ao ducado aos eslavos para despois acabar con eles. Algúns bandidos eslavos, que penetraron no Friúl, entregáronse ao saqueo dos campos e dos rabaños ata que Argait, rector desa área [1], os puxo en fuga; Ferdulfo insultouno duramente. Días despois, o exército eslavo irrompe en masa no ducado e situouse na curota dun escarpado monte: o duque comezou ad ar voltas ao monte para atopar a posición máis propicia a fin de lanzar o ataque, pero Argait retouno, sostendo que había de alcanzar o inimigo antes que Ferdulfo. Este seguiu a Argait pola vía máis difícil; as súas tropas seguírono, permitindo aos eslavos vencelos con facilidade. Ambos morreron na batalla.

Ibi omnis nobilitas periit Foroiulanorum; ibi Ferdulfus dux cecidit; ibi et ille qui eum provocaverat extinctus est. Tantique ibi viri fortes per contentionis malum et inprovidentiam debellati sunt, quanti possent per unam concordiam et salubre consilium multa milia sternere aemulorum.
Alí morreu toda a nobreza friulana; alí caeu o duque Ferdulfo; alí foi morto tamén aquel que o provocara. E tantos homes fortes foron vencidos pola maldición da discordia e pola imprevisión, cantos terían podido, cunha vontade concorde e un plano axeitado, abater moitos milleiros de inimigos.

Fontes editar

Notas editar

  1. Cargo ao que correspondía poderes non mellor definidos; é posíbel que se tratase do xefe dunha das faras situadas no Friúl baixo a autoridade do duque de Cividale.