Ferdinand Foch
Ferdinand Foch, nado o 2 de outubro de 1851 en Tarbes (Francia) e finado o 20 de marzo de 1929 foi un mariscal de campo francés, comandante en xefe dos exércitos aliados durante a primeira guerra mundial. Tamén fixo algunha publicación especializada.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Ferdinand Jean Marie Foch 2 de outubro de 1851 Tarbes, Francia |
Morte | 20 de marzo de 1929 (77 anos) París, Francia |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Lugar de sepultura | Cathédrale Saint-Louis-des-Invalides (en) |
Vicepresidente Conseil supérieur de la guerre (en) | |
1919 – 1920 ← Joseph Joffre (pt) – Philippe Pétain → | |
12º Cadeira 18 da Academia Francesa (pt) | |
21 de novembro de 1918 – 20 de marzo de 1929 ← Charles-Jean-Melchior de Vogüé (pt) – Philippe Pétain → | |
Datos persoais | |
Residencia | avenue de Saxe (en) |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Escola Politécnica (pt) |
Actividade | |
Ocupación | oficial , militar |
Período de actividade | 1870 - |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Lealdade | Francia |
Rama militar | Forças Armadas Francesas (pt) e Exército de Terra Francês (pt) |
Rango militar | Marechal da Polónia (pt) (1923–) Marechal de França (pt) marechal de campo (pt) |
Comandante de (OBSOLETO) | 13e division d'infanterie (en) |
Conflito | Primeira guerra mundial, Guerra franco-prusiana e Intervenção dos Aliados na Guerra Civil Russa (pt) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios
| |
Traxectoria editar
Alistouse na infantaría francesa no ano 1870, combatendo na guerra franco-prusiana. Un ano despois ingresou na academia militar dende onde foi destinado á artillaría en 1873.
En agosto de 1914, tralo comezo da primeira guerra mundial, tomou o mando do XXX Corpo do exército en Nancy. Durante este servizo contivo o avance das forzas alemás durante a ofensiva de primavera de 1918 na segunda batalla do Marne, lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.
En xullo de 1918 foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemá en novembro. Tanto polo seu consello durante a guerra polaco-bolxevique de 1920 como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en Polonia de 1923 foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano 1919 tamén obtivo ese mesmo título honorífico do Imperio Británico.
Expresou o seu descontento sobre o Tratado de Versalles coa famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senón un armisticio de vinte anos"
Cando o Armisticio de Compiègne foi convertido en memorial nacional, foi erixida no lugar unha estatua na súa honra.
Publicou "Des Principes de la Guerre" ("Os Principios da Guerra") en 1903 e "De la Conduite de la Guerre" ("Sobre o Desenvolvemento da Guerra") en 1904.