Feminismo poscolonial

O feminismo poscolonial é unha forma de feminismo que se desenvolveu como resposta ó feito que o feminismo parecía centrarse só nas experiencias de mulleres das culturas occidentais. Busca dar conta da maneira en que o racismo, a política económica de longa duración, e os efectos culturais do colonialismo afectan a mulleres non-brancas, non-occidentais no mundo poscolonial.[1]

Algunhas mulleres negras sentíanse marxinalizadas polo Movemento de Liberación da Muller.

Orixínase como unha crítica ás teóricas feministas dos países desenvolvidos. A crítica sinala as tendencias universalizadoras da corrente feminista principal e argumenta que as mulleres que viven en países non occidentais son vistas de maneira terxiversada.[2]

O feminismo poscolonial argumenta que ó empregar o termo «muller» como grupo universal, as mulleres son entón só definidas polo seu xénero e non por clase social, raza, etnicidade ou preferencia sexual.[3] As feministas poscoloniais tamén traballan para achegar as ideas do indixenismo e outros movementos feministas do terceiro mundo na corrente principal do feminismo occidental. O feminismo do terceiro mundo sostén a idea de que o feminismo en países deste espazo xeopolítico non é importado do primeiro mundo, senón orixinado de ideoloxías e factores socioculturais internos.[4]

Notas editar

  1. Feminist practice & poststructuralist theory (2nd ed.). Blackwell. 1997. ISBN 978-0-631-19825-3. 
  2. McEwan, Cheryl (2001-04). "Postcolonialism, feminism and development: intersections and dilemmas". Progress in Development Studies (en inglés) 1 (2): 93–111. ISSN 1464-9934. doi:10.1177/146499340100100201. 
  3. Narayan and Harding (ed.). "Decentering the Center". Essence of Culture and a Sense of History: A Feminist Critique of Cultrual Essentialism. Indiana University Press. 
  4. Feminism and nationalism in the Third World (Rev. ed.). Kali for Women. ISBN 978-0-86232-265-6.