Felipe Martínez Marzoa

filósofo galego


Felipe Martínez Marzoa, nado en Vigo o 8 de outubro de 1943, é un filósofo galego.

Infotaula de personaFelipe Martínez Marzoa
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 76508

Traxectoria editar

Á idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa Historia da filosofía, tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permanece fiel ao propósito hermenéutico da historia da filosofía.

En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por Jacobo Muñoz Veiga, na Universidade Complutense de Madrid. O estudo e a influencia de Heidegger, recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.

En 1985 obtén a cátedra de Historia da Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona. A solidez da súa obra e a súa adhesión ao rigor da filosofía, convertérono, segundo algunhas opinións, nun dos pensadores máis influentes da filosofía contemporánea en lingua castelá. Desde o curso 2006/2007 está prexubilado.

Filosofía editar

Liñas de pensamento editar

A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, e con estudos sobre Marx. Paulatinamente abandona a temática política e oriéntase cara á problemática da fenomenoloxía lingüística e da hermenéutica dos textos gregos, así como cara ao estudo da filosofía alemá no período que abarca de Leibniz a Nietzsche, traballando sobre as figuras de Leibniz, Kant e Hölderling. Durante a década 2000, tras uns anos de labor fixado na hermenéutica dos textos gregos de Homero, Aristóteles, Aristófanes, Platón e Esquilo entre outros, centra a súa investigación e as súas obras na interpretación de Hume e de Hobbes.

Algunhas das súas teses principais versan sobre a irredutibilidade do ser en Grecia, a importancia do cristianismo como mediador entre Grecia e a modernidade, a física matemática e a calculabilidade do ente moderno, e a distancia hermenéutica da historia da filosofía desde Nietzsche ata os nosos días.

Escritos propedéuticos editar

A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, sintetizados principalmente nos dous tomos de Historia de la Filosofía (1973-1975) e Iniciación a la Filosofía (1974), nas cales se remite fundamentalmente á obra orixinal dos pensadores que trata, baseándose na idea central de que a historia da filosofía ten que ser, ante todo, unha investigación acerca da natureza dos conceptos filosóficos básicos, como o siloxismo, a proposición, o universal, a teoría das ideas, as categorías, a esencia das verdades matemáticas ou a lóxica simbólica.

Estudos marxistas editar

Posteriormente, Marzoa adicarase ao estudo do marxismo, publicando un conxunto de ensaios recompilados en De la revolución (1976) e en Ensaios marxistas (1978), obra escrita primeiramente en galego que será traducida ao castelán con certas incorporacións baixo o nome de Revolución e Ideología (1979). A postura adoptada por Marzoa, definida como marxismo heideggeriano, entrará en confrontación co marxismo máis ortodoxo da España do seu tempo. A culminación do seu labor académico de orientación marxista darase coa publicación da polémica obra La Filosofía en «El Capital» de Marx (1983), o núcleo do seu traballo sobre Marx e Heidegger. Nesta obra realiza unha crítica aos escritos marxistas, debido á falta de rigor nos conceptos definidos por Marx. Deste modo, Marzoa propón unha lectura ontolóxica da teoría do valor.

O autor non considera o marxismo unha verdadeira corrente filosófica, xa que os conceptos que no marxismo se mostran como leis universais non son aplicables fóra deste. Conceptos utilizados polo marxismo, como “ideoloxía”, só refiren o caso singular da análise da sociedade capitalista e non poden ser utilizados para épocas anteriores, polo que non son conceptos universais. Desta forma, nesta obra encóntranse dúas teses: en primeiro lugar, que todo o Das Kapital pode ser entendido como a exposición desenvolta da teoría do valor e, en segundo lugar, que a teoría do valor é unha ontoloxía. Tras expoñer estas dúas teses, Marzoa proponse demostrar que a lei do valor se corresponde efectivamente coas condicións ontolóxicas da experiencia moderna do ente asumindo que as manifestacións representativas desta experiencia son, por un lado, o feito moderno da ciencia e, por outro, o feito moderno do Estado.

Problemática de la fenomenoloxía lingüística editar

Pode o concepto gramatical da oración librarse por completo do carácter suxeito-predicativo ou apofántico de certa conexión? Que relación existe entre un complemento predicativo e aquilo o que a propia noción autorefírese? Estas son algunhas das moitas cuestións relativas as diversas problemáticas fenomenolóxico lingüísticas que trátanse dentro do estudo da teoría lingüística en Marzoa. O estudo da lingüística é un dos principais campos de estudo de Martínez Marzoa, ten dúas obras dedicadas exclusivamente o seu estudo Lengua y tiempo (1999) e Lingüística fenomenológica (2001). Sendo a primeira dun carácter máis xeral e a segunda concretando como o seu nome indica, en materia da fenomenoloxía lingüística. Nesta última trataríase fundamentalmente a problemática que aqueixaría a esta rama da fenomenoloxía.

Hermenéutica de textos gregos editar

Na súa interpretación de Aristóteles e Platón, mostra como ambos autores baséanse na estrutura da temacidade, é dicir, o que fai que algo sexa algo. A temacidade que se encontra nestes dous autores gregos maniféstase pola rotura das relacións que fan que algo sexa ese algo. Desta maneira, para Platón a temacidade dun termo ten sempre como outra cara na relevante non-temacidade do outro. Por exemplo, na proposición “ser-A é ser-B”, a temacidade de ser-A ten que ver coa non-temacidade de ser-B. A ocupación de Platón consiste en que se tematice o termo non tematizado. Neste punto, procédese pola dihaíresis platónica, pero, segundo Marzoa, esta división de ideas por xéneros e especies non é lóxica, senón fenomenolóxica. Así, a cuestión da temacidade consiste nunha división e subdivisión fenomenolóxica de que é “o mesmo” e que é “o outro”.

Por outra parte, Marzoa tamén trata de maneira hermenéutica a cuestión do xénero poético grego. O “dicir”, no contexto grego, é o verbo que máis frecuentemente se emprega para significar aquilo que é o “poeta”. “Poeta” é aquel que ten pericia ou destreza no “dicir”, entendendo o “dicir” non como un operar particular. Non se trata de pericia nun ámbito concreto, senón nun proxecto. A poesía grega de Homero e Píndaro articúlase de maneira que non só consiste nun texto, tamén inclúe a un conxunto de persoas efectuando xestos, movementos, palabras (coa súa melodía e o seu ritmo), pese a que a poesía grega só se conserve como mero texto.

Estudos de filosofía alemá: de Leibniz a Nietzsche editar

Unha das liñas teóricas cara á que se orienta a súa obra é a análise da filosofía alemá no período que abarca de Leibniz a Nietzsche. Os estudos da filosofía alemá de Marzoa están destinados a outorgarlle ao lector ferramentas para poder achegarse a esta corrente de pensamento, trazando unha obra filosófica imprescindible para quen queira enfrontarse ao labor de comprender a estes autores. Cabe destacar os seguintes títulos:

Cálculo y ser: aproximación a Leibniz (1991) editar

Pretende ser unha contribución a tarefa de demostrar que toda a obra de Leibniz trátase dunha soa cousa. Isto acontece de tal maneira que o conseguir apuntar hacia a cousa en cuestión equivaldría a encontrar en Leibniz un dos pensadores esenciais da gran filosofía, como Kant, Hegel, Aristóteles o Platón.

Hölderlin y la lógica hegeliana (1995) editar

A tarefa aquí emprendida baséase nunha certa interpretación de Kant, da relación do Idealismo con Kant e da posición ou o papel de Hölderlin en todo iso. O marco no que se sitúa a presente análise consiste na posición ou papel de Hölderlin en relación á lóxica hegeliana e, con iso, as orixes da modernidade.

De Kant a Hölderlin (1992) editar

Este libro rexeita a habitual versión segundo a cal Kant quedouse atrás con respecto ao Idealismo e achega indicacións de ata que punto o especificamente kantiano de Kant pode atoparse tamén noutros.

Desconocida raíz común: estudio sobre la teoría kantiana de lo bello (1987) editar

Pretende ser á vez unha interpretación da análise kantiana do fenómeno da “beleza” e unha demostración do papel central que esa análise desempeña no conxunto da obra de Kant.

Investigación e interpretación de Hume a Hobbes editar

Dentro desta liña do seu pensamento cabe destacar Pasión tranquila: ensayo sobre la filosofía de Hume (2009) , un ensaio dedicado á filosofía do filósofo escocés David Hume. Esta obra ofrece unha proposta de lectura unitaria que, se ben pode lerse dunha maneira illada, está estreitamente relacionada co traballo sobre Leibniz e as numerosas obras que versan sobre Kant. No libro se amosa unha interpretación de Hume que exhibe unha faceta claramente belixerante a parte do desentrañamento das novidades que introduce o filósofo escocés dende a perspectiva crítica que sostén do pensamento moderno cartesiano que o precede. Así, Marzoa ofrece unha visión de Hume en virtude da cal a modernidade do filósofo escocés combínase cun profundo xuízo crítico das bases mesmas do moderno.

Teses principais editar

A irredutibilidade do ser en Grecia editar

A cuestión da irredutibilidade do ser parte do que Marzoa denomina “o dicir grego”, expresión que refire a un dicir relevante, no sentido no que ten lugar na Grecia arcaica e clásica e da cal xurdirían os xéneros literarios e filosóficos. Da noción de dicir, contemplada en Grecia, derívase a dificultade hermenéutica da recepción moderna dos textos clásicos. O dicir da cousa mesma significa que o que fala e o que dice non é aquel que emite enunciados ou pronuncia palabras (cuxo contido pretende significar) ou designar obxectos da realidade, senón que o dicir, o logos, é a forma que temos os falantes de participar nese acontecer que consiste en que cada cousa sexa o que ela é e que cada cousa se mostre na súa irredutibilidade.

Así pois, o dicir da cousa dos gregos, pásase ao enunciar dos modernos; isto é, do ser como mostrarse ou aparecer, pásase a concibir a verdade como a concordancia entre un enunciado e a cousa por el designada. O punto de partida grego é, pois, o ser como presenza, nun sentido de manifestarse ou aparecer a cousa (ou ente), sendo cada cousa o que ela mesma é e non deixándose reducir a nada. De dita tese xorde de Ser y Diálogo: leer a Platón (1996), obra na cal o debate xira en torno a como tratar o texto platónico. Discutirase a consistencia da lectura en torno aos supostos de Platón, poñendo de manifestou en primeiro lugar, o carácter relativamente secundario do enunciativo e da prosa doutrinal e, en segundo lugar, o peculiar lugar de Platón dentro desta tese. Por esta vía investígase en que sentido e de que modo o mesmo diálogo é o verdadeiro contido

Importancia do cristianismo como mediador entre Grecia e a Modernidade editar

Marzoa sitúa o cristianismo como mediador entre a Grecia clásica e a Modernidade. Pon de manifesto como, con Platón e Aristóteles, o “límite” vólvese relevante á hora de tematizar un termo e definilo. Posteriormente, na época helenística, os límites vólvense “inesenciales, “ilimitados”, e como consecuencia todo se torno inconsistente, polo que neste punto é necesario a transcendencia. Debido a esta transcendencia e á inconsistencia dos límites, existe un único espazo de indiferencia, redutibilidade e uniformidade, é dicir, as diferencias entre as cousas redúcense á “unicidade”. Pese a todo, a necesidade da transcendencia na época helenística levou a diferentes vías para chegar a transcender, é dicir, diferentes relixión pagás.

Desta forma, o cristianismo preséntase, posteriormente, como a única forma de chegar a esa transcendencia, fronte á heteroxeneidade pagá. Así, no cristianismo Deus é creador ex nihilo e causa sen ser causada. Só hai causas e efectos, o que Marzoa denomina “uno-todo”. Agora ben, soster que Deus é a causa total de toda cosa é como soster que non o é de nada. Se é necesario que todos os fenómenos se relaciones entre si como causas de efectos y efectos de causas, entón ocorre que ningún fenómeno se relaciona propiamente con ningún fenómeno, e de aí que o «uno-todo», ou o ente como todo, se delimite. Esta delimitación coincide co proxecto ilustrado, que é o cumprimento do cristianismo e a súa desaparición. O ente-como-todo leva a pensar filosoficamente o “ser” desde o único que hai.

Distancia hermenéutica da Historia da Filosofía dende Nietzsche ata os nosos días editar

O devir da tradición filosófica ha situado nunha posición na que parece que só se permite filosofar sobre unha asunción do anteriormente filosofado, de xeito que dende Nietzsche estariamos reiterándonos en bucle sobre unha única conclusión achegada polo vitalista alemán, con Hegel con Nietzsche rematou unha forma de filosofar que da paso a unha nova que ten como esencia a compresión e estudo dos principais textos da historia da filosofía. Deste xeito poderíamos afirmar que na actualidade a filosofía é fundamentalmente hermenéutica. A relación que establecemos cos grandes autores xa non é unha relación de dialogo senón unha de compresión. Cambiase a tarefa de adición as súas obras por unha tarefa de lidar co que non é dito explicitamente nas súas obras máis se cabe está presenta nas mesmas o que Marzoa denomina o no-pensado. O feito de que mudase o xeito no que se filosofa non implica a morte da filosofía senón que nos nosos días a historia, a traxectoria dos autores que nos precederon fai que a filosofía exista como obxecto de coñecemento, atopase lista para a nosa compresión da mesma para a súa interpretación hermenéutica.

A nova tarefa da filosofía xa non é xulgar o pasado senón de admitir a distancia que existe entre a nosa tarefa hermenéutica e dende a tarefa que comezou en Grecia e rematou en Nietzsche. Distancia entre as formas de concibir e facer a filosofía, distancia entre a historia da filosofía e os nosos días.

Obras editar

Libros editar

  • Historia de la Filosofía, Madrid, 1973. Nueva edición revisada, Madrid, 1994.
  • Iniciación a la Filosofía, Madrid, 1974
  • De la revolución, Madrid, 1976.
  • Ensaios marxistas, A Coruña, 1978.
  • Revolución e ideología, Barcelona, 1979.
  • (Re)introducción o marxismo, Vigo, 1980.
  • La filosofía de "El capital" de Marx, Madrid, 1983.
  • El sentido y lo no-pensado: apuntes para el tema "Heidegger y los griegos", Murcia, 1985.
  • Heráclito-Parménides (Bases para una lectura), Murcia, 1987.
  • Desconocida raíz común: (estudio sobre la teoría kantiana de lo bello), Madrid, 1987.
  • Releer a Kant, Barcelona, 1989.
  • De Grecia y la Filosofía, Murcia, 1990.
  • Cálculo y ser: (aproximación a Leibniz), Madrid, 1991.
  • De Kant a Hölderlin, Madrid, 1992.
  • Historia de la filosofía antigua, Barcelona, 1995.
  • Hölderlin y la lógica hegeliana, Madrid, 1995.
  • Ser y diálogo: leer a Platón, Madrid, 1996.
  • Heidegger y su tiempo, Barcelona, 1999.
  • Lengua y tiempo, Madrid, 1999.
  • Lingüística fenomenológica, Madrid, 2001.
  • El saber de la comedia[1]Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine., Madrid, 2005.
  • El decir griego, Madrid, 2006.
  • Muestras de Platón, Madrid, 2007.
  • Pasión tranquila: ensayo sobre la filosofía de Hume, Boadilla del Monte, A. Machado, 2009.

Artigos e revistas editar

  • • "¿Qué le queda aún por hacer a la filosofía?", Alea. Revista Internacional de Fenomenología y Hermenéutica. , N.º 5, 2007.
  • "Space and Nomos", South Atlantic Quarterly, 104, 2005.
  • "Algunas conexiones de la teoría kantiana del derecho”, Endoxa: Series Filosóficas,, N.º 18, 2004.
  • "Lo ético y la "mera" lógica”. Isegoría: Revista de filosofía moral y política, N.º 30, 2004 (Ejemplar dedicado a: La vigencia del pensamiento kantiano)
  • ”Kant y la mota de polvo”, Logos: Anales del Seminario de Metafísica, N.º 37, 2004.
  • ”Kant y las inhibiciones lectoras de Heidegger”, Agora: Papeles de filosofía, Vol. 23, N.º 1, 2004.
  • ”Hacia una hermenéutica de los géneros poéticos griegos” Daimon: Revista de filosofía, N.º 21, 2000.
  • ”Decisión y finitud” Quaderns de Filosofia i Ciència, N.º. 29, 2000, pags. 63-70
  • ”Descartes y el concepto de ontología” Enrahonar: Quaderns de filosofía, N.º 1, 1999 (Ejemplar dedicado a: Descartes lo racional y lo real).
  • “El proyecto del saber y el camino de Hölderlin”, La Ortiga. Revista cuatrimestral de arte, literatura y pensamiento (Santander), 13-15, año IV, febrero de 1999. pp. 94-100.
  • ”La poesía griega y la teoría hölderliniana de los géneros” Sileno: Variaciones sobre arte y pensamiento, N.º. 4, 1998, pp. 53-60.
  • “Para unha crítica dos conceptos «mito» e «logos»“, Grial: revista galega de cultura (Vigo), 124, tomo XXXII, oct-nov-dic 1994, pp. 461-468.
  • ”El tiempo del eterno retorno” Er: Revista de filosofía, N.º 14, 1992 (Ejemplar dedicado a: Friedrich Nietzsche)
  • “A propósito de los «Beiträge zur Philosophie» de Heidegger”, Daimon (Univ. de Murcia), 2, 1990, pp. 241-246.
  • ”Heidegger y la historia de la filosofía” [20] Taula: Quaderns de pensament, N.º 13-14, 1990. • “Imaginación trascendental e imaginación poética”, Agora (S. de Compostela), N.º 7, 1988, pp. 27-39.
  • ”Escisión y unidad en la razón kantiana” Er: Revista de filosofía, N.º 5, 1987 • “En torno al nacimiento del título «filosofía»”, Anales de Filosofía de la Univ. de Murcia, N.º 1, 1983. pp. 187-204.
  • "La teoría marxista y la lucha sindical". Zona Abierta, N.º 24, 1980.
  • "¿Adónde va el trotskismo?", Zona Abierta, N.º 22, 1979.
  • "Sobre el concepto de democracia", Zona Abierta, N.º 7, 1976.
  • “¿Qué puede entenderse por filosofía actual?”, Zona abierta, N.º 3, 1975, pp. 4-16.
  • “Einai, physis, logos, aletheia”, Emerita, N.º 42, 1974, pp. 159-175.

Edicións e traducións editar

  • Antígona de Sófocles. Tradución ao galego. Vigo, 1976.
  • Ensayos de F. Hölderlin. Madrid, 1976.
  • La religión dentro de los límites de la mera Razón de I. Kant. Madrid, 2001.

Colaboracións en obras colectivas editar

  • "Prólogo" en Prada, A; López, A. A outra economía galega. Compostela, 1979.
  • "¿Filosofía en Galicia?" en Galicia no ano 79 / por 41 autores, A Guarda (Pontevedra), 1980, pp. 57–58.
  • "Analítica y dialéctica en la razón (práctica) kantiana" en Muguerza, J. y Rodriguez R. Kant después de Kant. Tecnos, Madrid, 1989, pp. 64–75.
  • 2Heidegger" en Metamorfosi del nihilisme. Fundación Caixa de Pensions, Barcelona, 1989. pp. 15–28.
  • "Heidegger y la filosofía griega" en Pellecín, M. y Reguera, I. Wittgenstein-Heidegger. Deputación provincial de Badaxoz, 1990. pp. 227–239.
  • "La crítica del juicio estético. Hölderlin y el idealismo". En la cumbre del criticismo. Simposio sobre la "Crítica del juicio" de Kant, Barcelona, 1990.
  • "La «Crítica del Juicio» y la cuestión Grecia-Modernidad" en AA. VV. Estudios sobre la “Crítica del Juicio”, Visor y C.S.I.C., Madrid, 1990, pp. 147–164.
  • 2La palabra que viene" en VV. AA. Heidegger: La voz de tiempos sombríos. Ed. del Serbal, Barcelona, 1991, pp. 147–160.
  • "Was hat die Philosophie noch zu tun?" en Rühle, V. Beiträge zur Philosophie aus Spanien. Karl Albert Verlag, Freiburg i. Br., 1992, pp. 139–155.
  • "De Kant a Hölderlin” en Martínez, Fco. J.(coord.). Romanticismo y marxismo. Fundación de Investigaciones marxistas, Madrid, 1994, pp. 27–48.
  • "«Seyn» y «Ur-teilung»", en Market, O. y Rivera de Rosales, J.(coord.) El inicio del idealismo alemán, Complutense-UNED, Madrid, 1996, pp. 335-342.
  • "Comentario a Aristóteles. De Interpretatione 1,3". En torno a Aristóteles: homenaje a Pierre Aubenque, 1998.
  • "Estado y legitimidad". Los filósofos y la política, Madrid, 1999.
  • "Estado y pólis" en Cruz, Manuel. Los filósofos y la política, FCE, México, 1999, pp. 101-115.
  • "Píndaro y el libro X de “La república” de Platón" en VV. AA. La razón del mito, UNED, Madrid, 2000.
  • "En torno al concepto “dialéctica” en Kant" en M. E. Vázquez y R. de la Calle, eds., Filosofía y razón. Kant 200 años, Univ. de Valencia, Valencia, 2005.

Entrevistas editar

  • "Entrevista con F. Martínez Marzoa", Grial. Revista galega de cultura (= Heidegger, 1889-1989), Tomo XXVII/103, Xullo-Setembro 1989.
  • "La pregunta por Heidegger", Coloquio con Arturo Leyte, Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2006.
  • "Que foi de Felipe Martínez Marzoa?", Entrevista con Felipe Martínez Marzoa realizada por Xurxo González y publicada originalmente en el ya desaparecido diario gallego A Nosa Terra (05/04/2009). (Tradución en castelán).

Referencias editar

  • María Victoria Pérez Monterroso (2018). “Recensión: Felipe Martínez Marzoa, La Filosofía en «El capital» de Marx”, Madrid, Abada, 2018, 304 pp. Res Pública, pp. 449-453. Obtenido de https://revistas.ucm.es/index.php/RPUB/article/viewFile/60866/4564456547631
  • Martínez Marzoa, F. (2000). “Hacia una hermenéutica de los géneros poéticos griegos”. Revista de filosofía, 97-106.
  • Martínez Marzoa, F. (1 de 5 de 2017). Documento 7: Felipe Martínez Marzoa . Obtenido de Felipe Martínez Marzoa: http://felipemartinezmarzoa.com/documentos-4.html
  • Caner-Liese, Robert (2018). “El decir relevante y el sentido de la mímesis (según Felipe Martínez Marzoa)”. Tropelías. Revista de Teoría de la Literatura Comparada, pp 308-329.
  • García Ureña, Guillermo (2010). “Felipe Martínez Marzoa, El concepto de lo civil, Metales Pesados, Santiago de Chile, 2008”. Ingenium, 162-165
  • Royo, Simón (2018). “El marxismo heideggeriano de Felipe Martínez Marzoa y la filosofía de «El Capital»”. Sociología Histórica, pp 643-669.
  • Martínez Marzoa, Felipe (1994). Historia de la filosofía II, Madrid: Ediciones Istmo
  • Ruiz de Gauna de Lacalle, Pol (2019). El polvo y la nada. Apuntes para una lectura hermenéutica de la Guia espiritual de Miguel de Molinos. Barcelona: Universitat de Barcelona.
  • Martínez Marzoa, Felipe (1 de 5 de 2017). Documento 7: Felipe Martínez Marzoa . Obtenido de Felipe Martínez Marzoa: http://felipemartinezmarzoa.com/documentos-7.html

Enlaces externos editar

  • Páxina web de Felipe Martínez Marzoa

Conferencias e ligazóns na rede editar