Federica Montseny

Federica Montseny Mañé, nada en Madrid o 12 de febreiro de 1905 e finada en Tolosa o 14 de xaneiro de 1994, foi unha política e sindicalista anarquista española, e ocupou o cargo de ministra durante a II República, devindo a primeira muller ministra da Europa Occidental.

Infotaula de personaFederica Montseny

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Frederica Montseny i Mañé Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Federica Montseny Mañé Editar o valor em Wikidata
12 de febreiro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière de Rapas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Q88220771 Traducir
4 de novembro de 1936 – 17 de maio de 1937
← Josep Tomàs i Piera (en) TraducirJesús Hernández Tomás (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanarquista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGerminal Esgleas Jaume Editar o valor em Wikidata
ParellaGerminal Esgleas Jaume Editar o valor em Wikidata
PaisJoan Montseny Editar o valor em Wikidata  e Teresa Mañé Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0600314 Bitraga: 3809 Find a Grave: 19492316 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era filla dos tamén anarquistas Joan Montseny e Teresa Mañé, coñecidos polos pseudónimos de Federico Urales e Soledad Gustavo respectivamente, que editaban La Revista Blanca, publicación destacada dentro do pensamento libertario español durante o primeiro terzo do século XX.

Comezou a escribir e en 1921, con só 16 anos, publicou a súa primeira novela curta, titulada Horas Tráxicas. En 1923 comezou a colaborar en Solidaridad Obrera e en La Revista Blanca ata 1936. A súa primeira novela longa, A Vitoria, editouse en 1925.

En 1930 uniuse a Germinal Esgleas, tamén anarcosindicalista, sendo pais de tres fillos: Vida (1933), Germinal (1938) e Blanca (1942).

Activismo anarcosindicalista editar

 

En 1931 afiliouse á CNT onde nos anos seguintes acadará gran protagonismo grazas aos seus dotes de grande oradora entre outras razóns. En 1932 levou a cabo unha xira propagandística por Andalucía que logo proseguiría por toda España e ó ano seguinte participa en París nun mitin de protesta sobre a represión en Casas Viejas.

En decembro de 1935 a Confederación Rexional Galaica organizoulle unha xira de dúas semanas canda a Jaime Baella e Claro José Sendón. Falou en Betanzos, Ferrol (no Teatro Jofre), Cariño, Santiago de Compostela, A Coruña (no Teatro Rosalía de Castro e no cine Doré), Carballo, Lugo e en Ourense, na apertura do Pleno Rexional. Froito desa viaxe, publicou unha serie de anécdotas en La Revista Blanca, publicados en 2011 co título de Federica Montseny. Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935[1].

En 1936 interveu no Congreso de Zaragoza da CNT colaborando no relatorio sobre comunismo libertario e formou parte dos oradores do mitin de clausura. Co estoupido da guerra pasou a formar parte do comité peninsular da FAI e no nacional da CNT. En novembro deste mesmo ano foi nomeada ministra de Sanidade e Asistencia Social do goberno da República, cargo que aceptou a pesar do seu declarado antigubernamentalismo e as dúbidas iniciais. Converteuse así na primeira muller ministra de España e a Europa Occidental, pois noutras zonas de Europa xa o foran Alexandra Kollontai (Rusia) e Miina Sillanpää (Finlandia). Os seus outros correlixionarios no goberno de Largo Caballero foron Joan García Oliver (Xustiza), Joan Peiró (Industria) e Juan López (Comercio).

Labor no goberno editar

Foi nomeada Ministra de Sanidade e de Asistencia Social. O seu efectivo labor no goberno viuse limitado pola escasa duración do seu mandato que non chegou a acadar un semestre (novembro de 1936 - mediados de maio de 1937). Pero nese curto espazo de tempo planeou lugares de acollida para a infancia, comedores para embarazadas, liberatorios de prostitución, unha lista de profesións a exercer por discapacitados e o primeiro proxecto de Lei do aborto en España. Dos lugares para a infancia, en nada semellantes aos deprimentes orfanatos existentes por entón, só se puido abrir un preto de Valencia. Tampouco houbo tempo de que chegase a funcionar máis dun dos comedores para embarazadas nos que se velaba por unha completa alimentación. Ningún dos seus outros proxectos chegou a executarse, e así o seu proxecto de lei do aborto, ao que se opuxeron outros ministros do goberno, quedou arrombado trala súa saída do goberno debido aos sucesos de maio de 1937.

O exilio editar

Como outros miles de españois, co final da guerra civil hóubose de exiliar a Francia, onde foi perseguida pola policía nazi e franquista, que pediu a súa extradición, denegada polas autoridades francesas, vivindo en liberdade vixiada ata a liberación de Francia en 1944. Instalada en Tolosa seguiu traballando polas súas ideas, publicando e dirixindo xornais anarquistas como CNT e Espoir e realizou viaxes por Suecia, México, Canadá, Inglaterra e Italia.

Coa chegada da democracia a España en 1977 regresou e continuou co seu activismo en pro da CNT, onde gozou dun enorme prestixio ata a súa morte.

Obras escritas editar

  • La mujer, problema del hombre (1932)
  • Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935 (1936)
  • Anselmo Lorenzo (1938)
  • Cien días de la vida de una mujer (1949)
  • El éxodo. Pasión y muerte de españoles en el exilio (1969)
  • Crónicas de la CNT (1974)
  • El anarquismo (1974)
  • El éxodo anarquista (1977)
  • Mis primeros cuarenta años (1987)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar