Federación Obrera Regional Argentina

A Federación Obrera Regional Argentina (FORA) foi unha importante federación obreira arxentina, fundada o 25 de maio de 1901 co nome de Federación Obrera Argentina e denominándose FORA a partir do seu cuarto congreso en agosto de 1904. Tivo unha destacada actuación ata a década de 1930. Orixinalmente plural, adheriuse ó anarquismo entre 1905 e 1915. Ese ano a FORA retirou a súa adhesión ó anarquismo, o que levou á desafiliación de varios sindicatos anarquistas, creándose dúas centrais: a FORA do IX Congreso (plural) e a FORA do V Congreso (anarquista). A FORA do IX (plural) Congreso autodisolveuse en 1922 para formar a Unión Sindical Argentina (USA), que á súa vez sería unha das fundadoras da Confederación General del Trabajo (CGT) en 1930. A FORA do V Congreso (anarquista) foi perdendo importancia e na década de 1930 practicamente desaparecira.

Federación Obrera Regional Argentina
Tipopartido político
Ideoloxíacomunismo libertario
Data de fundación25 de maio de 1901
SedeBuenos Aires
PaísArxentina
Na rede
http://fora-ait.com.ar/
editar datos en Wikidata ]
Manifestación de la FORA (ca. 1915)

Orixe e adscrición ó anarquismo editar

Orixinalmente plural, a confrontación entre socialistas e anarquismo levou a que estes últimos, no V Congreso de 1905, estableceran expresamente na súa Declaración de Principios a adhesión ós "principios económicos e filosóficos do comunismo anárquico"[1].

Dous anos despois, fracasou o primeiro intento de unificar a FORA e a UGT (pluralista). Nesa oportunidade o destacado anarquista italiano Luis Fabbri, presente en Buenos Aires, criticou duramente a táctica dos anarquistas arxentinos de identificar a federación e os sindicatos coa ideoloxía anarquista:

No quisiera ser mal profeta, pero mucho temo que tarde o temprano, este error táctico, será duramente pagado por nuestro movimiento en la República Argentina. (La organización sindical), para no ser dogmática o autoritaria, debe evitar toda afirmación que pueda dividir a la masa proletaria según especiales preocupaciones de partido... (Pone) moralmente en condiciones de inferioridad a los adversarios sólo porque están en minoría. Equivale decir a los obreros que no piensan como nosotros: ¡Idos! [2]

División da FORA (1915) editar

En 1915 o IX Congreso da FORA, con maioría sindicalista revolucionaria decidiu eliminar da declaración de principios a adhesión á finalidade do Comunismo Anárquico. Isto produce unha ruptura e a partir de entón funcionarán dúas federacións separadas:

FORA do V Congreso (anarquista) editar

 
Pintada da FORA anarquista en Bos Aires, 2006

Logo da división da FORA, a FORA do V Congreso, tamén coñecida como FORA anarquista perdeu forza, xa que os sindicatos máis importantes como os ferroviarios, os traballadores marítimos, os da carne etc., formaron parte da FORA do IX Congreso.

Publicou un famoso periódico obreiro La Protesta, dirixido por Diego Abad de Santillán e Emilio López Arango, que chegou a ter unha tirada de 60.000 exemplares (Atán).

Tivo unha actuación relevante na Semana Tráxica de 1919 e nas folgas obreiras da Patagonia en 1921-1922.

A FORA do V Congreso, sen aceptar nunca o terrorismo como método de acción sindical, adheriuse e se mantivo próxima ós anarquistas individualistas que realizaron actos considerados terroristas, ou os anarquistas expropiadores, como Salvador Planas (que atentara contra o presidente Manuel Quintana), Simón Radowitzky (que asasinou o represor do 1º de maio de 1909, o coronel Ramón Falcón), ou Kurt Gustav Wilckens, que matou o coronel Héctor B. Varela en vinganza dos fusilamentos da Patagonia. (Godio, 168)

En 1929 o anarquista Severino Di Giovanni asesinou a Emilio López Arango, director de La Protesta, pola posición crítica do periódico contra os chamados anarquistas expropiadores.

A FORA do V Congreso seguiu actuando logo do golpe de estado de 1930, aínda que cada vez con menor presenza. Porén, nunca foi disolta, e aínda no presente segue reunindo militantes anarquistas e varias sociedades de resistencia malia que na Arxentina existe unha lexislación laboral que exclúe ós sindicatos minoritarios e de oficios varios.

Actualmente queda en funcionamento a FORA-AIT (adherida á Asociación Internacional dos Traballadores), con sede en Bos Aires no antigo local dos obreiros portuarios da Boca, Morón, Mendoza e Bahia Blanca, onde seguen reuníndose agrupacións de traballadores. Desde finais dos 70 só federa a agrupacións de obreiros de Oficios Varios.
Entre os militantes máis coñecidos da FORA do V Congreso están Jorge Rey Villalba, Teodoro Suarez, Diego Abad de Santillán, Virginia Volten, Juana Rouco Buela, Emilio López Arango ou Jose Prats.

FORA do IX Congreso (neutral) editar

O sindicato máis poderoso e influente da FORA do IX Congreso era a Federación Obrera Marítima (FOM).

A FORA do IX Congreso xogou un papel central en varios feitos históricos do movemento obreiro arxentino como a Semana Roja de 1909]], a Semana Trágica de 1919, a Patagonia Rebelde en 1921/1922, e as primeiras folgas dos hacheiros do quebracho e dos mensúes da herba mate no norte.

A FORA do IX Congreso fusionouse en 1922 con outros sindicatos para formar a Unión Sindical Argentina (USA) que logo á súa vez se integraría á CGT, desde entón a correa de transmisión entre o Goberno e os traballadores, ata que coa chegada de Perón quedou ás ordes do Estado.

Entre os militantes máis coñecidos da FORA do IX Congreso encontrábanse Sebastián Marotta (sindicalista revolucionario, linotipistas), José F. Penelón (comunista), Adrían Patrone (socialista), Francisco García (sindicalista revolucionario), Jacinto Oddone (socialista), Juan Antonio Morán (marítimos-anarquista).

Notas editar

  1. Abad de Santillán, 1931
  2. Marotta III, pag. 373-374

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • La FORA, Diego Abad de Santillán (1933)
  • Cuatro historias de anarquistas, Adriana Atán (2000)
  • Historia del movimiento obrero argentino, 1870-2000, Julio Godio (2000)
  • El movimiento sindical argentino - Su génesis y desarrollo - Tomo II - 1908-1919, Sebastián Marotta (1960)
  • El movimiento sindical argentino - Su génesis y desarrollo - Tomo III - 1920-1935, Sebastián Marotta (1970)
  • Breve historia del movimiento obrero argentino 1852-1987: el rol de la unidad y protagonismo de los trabajadores, Alberto José Robles (1987)
  • La FORA en el movimiento obrero, Antonio López (1987)
  • Hechos y Comentarios, Eduardo García Gilimon (1911)
  • La FORA y el movimiento obrero tomos I e II, Edgardo Bilsky (1985)
  • El anarquismo y el movimiento obrero en la Argentina, Oved Iaacov (1978)
  • El anarquismo en el movimiento obrero, Emilio López Arango e Diego Abad de Santillan (1925)
  • Historia de un ideal vivido por una mujer, Juana Rouco Buela (1975)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar