Federación Española de Municipios e Provincias

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) é unha asociación española de entidades locais que agrupa concellos, Deputacións provinciais e a deputación foral de Áraba, Consells Insulars e Cabidos insulares.

Sede da FEMP, en Madrid.

Constitución editar

Ficou constituída ó amparo do disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e foi declarada como Asociación de Utilidade Pública mediante acordo de Consello de Ministros o 26 de xuño de 1985.

Sede editar

Constitúe a sección española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE), e é a sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).

A súa sede oficial atópase en Madrid.

Consello Federal da FEMP editar

A composición de membros do Consello Federal da FEMP, consultada a comezos do 2015, é a seguinte:[1]

Vogais:

Presidencia editar

Dous alcaldes galegos do PSOE presidiron a FEMP en distintos momentos ao longo da súa historia: Francisco Vázquez, daquela alcalde da Coruña, presidiuna entre 1991 e 1995 e de novo entre 2003 e 2006; Abel Caballero, na altura alcalde de Vigo, presidiuna entre 2015 e 2023. Na actualidade (setembro de 2023) está pendente de escolla o novo presidente.

Notas editar

  1. FEMP. "Composición actual de la junta de gobierno" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar