A febre amarela (tamén chamada a praga americana), é unha doenza viral aguda e infecciosa causada polo "virus da febre amarela", que pertence á familia dos Flaviviridae, e do xénero Flavivirus amaril.[1] É unha causa importante de enfermidade hemorráxica en moitos países de África e a zona norte de Suramérica que orixina 30 000 mortes cada ano. Nesas rexións é unha enfermidade endémica.[2] Existe unha vacina efectiva pero non se coñece cura polo que cando persoas non vacinadas contráena só se lles pode proporcionar tratamento sintomático. A palabra amarelo do nome refírese ós signos de ictericia que afectan a algúns pacientes.[3]

Febre amarela
Clasificación e recursos externos
Aedes aegypti: principal vector do virus da febre amarela.
OMIM243200
DiseasesDB14203
MedlinePlus001365
eMedicineemerg/645
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Febre amarela

Micrografía MET: múltiples virións da f. amarela (234.000x)
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Familia: Flaviviridae
Xénero: 'Flavivirus'
Especie tipo
''Yellow fever virus''

Epidemioloxía editar

 
Zona endémica de febre amarela en África, 2009.
 
Zona endémica de febre amarela en Suramérica, 2009.

A febre amarela só ocorre no presente en África, Suramérica e o Caribe.[4] A maioría dos gromos en Suramérica ocorren entre persoas que traballan nas selvas tropicais chuviosas, converténdose por iso, nesas localidades, nunha enfermidade ocupacional.

É transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti e outros mosquitos dos xéneros Aedes, Haemagogus[5] e Sabethes, que se atopan xeralmente a menos de 1.300 metros sobre o nivel do mar, pero Aedes foron achados ocasionalmente até os 2.200 msnm, nas zonas tropicais de América e África. Na febre amarela de transmisión urbana hai que lembrar que Aedes aegypti abunda en zonas húmidas ó redor da auga estancada limpa, e só pica durante o día.

A doenza pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos períodos e de súpeto brotar nun modo epidémico. En Centroamérica, Venezuela e Trindade, tales epidemias debéronse á forma da enfermidade (febre amarela selvática), que permanece viva na poboación de monos ouveadores e é transmitida polo mosquito Haemagogus, o cal vive precisamente no dosel forestal das selvas chuviosas. O virus pasa ós humanos cando as selvas altas son talladas. Os obreiros forestais poden entón transmitir a enfermidade a outros, iniciando así unha epidemia.[6]

O período de incubación sitúase entre os 3 e os 7 días. A duración da enfermidade en caso de curación é dunha a dúas semanas. Tras o período de incubación cabe distinguir dúas formas clínicas: a leve e a grave ou clásica.

Notas editar

  1. Schmaljohn AL, McClain D. Alphaviruses (Togaviridae) and Flaviviruses (Flaviviridae). In: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al, eds.) (4th ed. ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. 
  2. Estébanez, Pilar. Medicina humanitaria. Ediciones Díaz de Santos. ISBN 84-7978-671-X. En África la zona endémica comprende la porción localizada entre las latitudes 15 °N y 10 °S 
  3. Anker M, Schaaf D; et al. "WHO Report on Global Surveillance of Epidemic-prone Infectious Diseases" (PDF). WHO. 
  4. "Yellow fever: a current threat". WHO. 
  5. Ministerio del Poder Popular para la Salud-Venezuela. [1] Consultado o 18 de setembro de 2007.
  6. Theiler, Max and Downs, W. G. The Arthropod-Borne Viruses of Vertebrates: An Account of The Rockefeller Foundation Virus Program 1951-1970. Yale University Press. ISBN 0-300-01508-9.