Faustino Vázquez Carril

barbeiro e soldado galego

Faustino Vázquez Carril, coñecido como Meana, nado en Monforte de Lemos o 18 de abril de 1914 e finado na Coruña o 10 de maio de 1937, foi un barbeiro e soldado galego[1].

Infotaula de personaFaustino Vázquez Carril
Biografía
Nacemento18 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbarbeiro , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Ramón Vázquez Gayoso, que chegou a ter unha pequena empresa de calzado, foi o sexto de nove irmáns. Criouse no barrio monfortino de Santa Clara, estudou no colexio dos Escolapios ata os 15 anos e ao deixar a escola traballou como barbeiro. Militou en equipos modestos de fútbol e colaborou co periódico El Eco Deportivo da Coruña. A situación económica levouno a ingresar no exército como forma máis segura de gañarse a vida. Sen vínculos políticos, simpatizaba con Manuel Azaña. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado no Parque Divisionario nº 8 de Galicia, foi detido en Monforte mentres estaba de permiso. Foi liberado e incorporouse ao exército sublevado quedando encadrado como soldado artilleiro, e participou coas columnas galegas na guerra en Galicia e no camiño a Asturias.

Coa morte do seu pai, seis días antes de iniciarse a guerra, Faustino iniciou un caderno de reflexións e apuntamentos que rematou chamando Apuntes de mi blok. Nel reflectiu canto vía e sentía, case todo relacionado coa fronte de guerra na que se encontraba. Os seus comentarios eran críticos contra algúns dos militares sublevados (Franco e Queipo de Llano entre eles) e admirativos cara a outros. O avance da guerra e as consecuencias desta, especialmente os fusilamentos, levárono a razoar contra a mesma e os seus causantes. Mostrouse especialmente duro cos falanxistas, aos que vía como "chulos de Cantones", en referencia ao lugar da Coruña onde acostumaban pasear.[2]

Ferido en combate, mentres se recuperaba nun hospital de campaña, os seus cadernos foron obxecto de exame por oficiais do exército. Detido e xulgado en consello de guerra na Coruña, foi condenado a morte o 15 de abril de 1937 e executado o 10 de maio en Punta Herminia.

Os cadernos, rescatados do expediente militar, foron publicados en 2011 por Emilio Grandío Seoane co título: Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la Guerra Civil española 1936-1937.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar