Fatutaka

illa das Illas Salomón

Fatutaka ou Fatu Taka é unha pequena illa de orixe volcánica das Illas Salomón, no sur do océano Pacífico, situada na provincia de Temotu. Trátase da recalada situada máis ao leste do país. Trátase do afloramento sobre o nivel do mar dun volcán extinguido, que chega a elevarse 122 metros. Ten unha superficie de 0,18 km². Dista aproximadamente 60 km da illa de Anuta, cuxos habitantes empregábana como despensa natural.

Fatutaka
Vista desde o espazo
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Santa Cruz
MarOcéano Pacífico
Coordenadas12°00′36″S 170°10′12″L / -12.01000, -170.17000
Xeografía
Superficie0,18 km²
Longura máxima1 km
Largura máxima0,3 km
Punto máis alto122 m (Mapuanga)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa foi azoutada en 2003 polo furacán Zoe, do mesmo xeito que as veciñas illas de Anuta e Tikopia.