Fats Domino
Antoine Dominique "Fats" Domino Jr., nado en Nova Orleáns (Luisiana) o 26 de febreiro de 1928[1] e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 2017, foi un pianista, cantante e compositor de R&B e rock and roll estadounidense.
Fats Domino | |
---|---|
Nome completo | Antoine Dominique Domino |
Alias | Fats |
Data nacemento | 26 de febreiro de 1928 |
Nado en | Nova Orleáns (Luisiana) |
Falecemento | 25 de outubro de 2017 |
Harvey | |
Causa | fallo orgánico |
Soterrado | Mount Olivet Cemetery |
Ocupación | cantante |
Xénero | R&B (New Orleans blues), Rock and roll, Piano blues, Boogie-woogie |
Instrumento(s) | piano, voz |
Selo(s) discográfico(s) | Imperial, ABC, Mercury, Broadmoor, Reprise, Sonet, Warner Bros. Records, Toot Toot |
Tempo en activo | 1949 - 2017 |
Pseudónimo | Fats Domino |
Na rede | |
https://www.fatsdominoofficial.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ningún outro artista veterano do R&B da súa época conseguiu un maior impacto no rock'n'roll ca el, como o demostra a ampla variedade de artistas que versionearon os seus temas: dende Bobby Darin, Ella Fitzgerald, Ricky Nelson, Ike Turner e Tina Turner até John Lennon, Paul McCartney, Sheryl Crow, T. Rex, Los Lobos e Cheap Trick.
Traxectoria editar
Medrou na súa cidade natal, e foi entregado á casa da súa avoa paterna. Ao igual que o que pasaba con moitas familias do barrio Lower Ninth Ward, a de Domino acababa de chegar dende Vacherie. Seu pai era un coñecido violinista que inspirouno a tocar un instrumento. Finalmente aprendeu do seu tío, o guitarrista de jazz Harrison Verrett.
En 1949, con Dave Bartholomew, compuxo e gravou The Fat Man (en realidade unha versión de Junker's Blues de Jack Dupree, á que Dave lle cambiara a letra)[2] que é considerada a primeira gravación dun rock.[3] Nese momento comezou a súa verdadeira carreira. Vendeu máis dun millón de copias e chegou ao número 2 das listas de R&B.[4]
Fats publicou cinco discos de ouro antes de 1955, e tivo 35 cancións no top 40 dos éxitos estadounidenses. O estilo de Domino está baseado no conxunto de R&B tradicional formado por contrabaixo, piano, guitarra eléctrica, batería e saxofón.
Notas editar
- ↑ "Fats Domino". Gran enciclopèdia catalana. Consultado o 28-10-2017.
- ↑ Rolf, Julia (2008). Blues : la historia completa. Barcelona: Ma Non Troppo. p. 172. ISBN 978-84-96924-30-7.
- ↑ Manrique, Diego A. (28-10-2017). "Muere Fats Domino, la voz amable del ‘rock & roll’". elpais.com. Consultado o 28-10-2017.
- ↑ "Fats Domino". The Biography.com website. Consultado o 28-10-2017.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fats Domino |