Fat Man foi o nome en código que recibiu a bomba atómica detonada sobre a cidade xaponesa de Nagasaki polos Estados Unidos o 9 de agosto de 1945. Foi a segunda das dúas únicas armas nucleares na historia usadas nunha guerra, sendo a primeira a bomba Little Boy, e a súa detonación foi a terceira explosión nuclear artificial da historia. Foi construída no Laboratorio de Los Alamos usando plutonio procedente das plantas de Hanford Engineer Works e foi lanzada dende o Boeing B-29 Superfortress Bockscar, pilotado polo maior Charles W. Sweeney.

Réplica da bomba orixinal

O nome "Fat Man" fai referencia ó primeiro deseño da bomba por mor da súa forma ancha e redonda. Tamén se coñecía como a bomba Mark III. Fat Man era unha arma nuclear de implosión cun núcleo sólido de plutonio. A primeira bomba deste tipo fora detonada na proba Trinity en Novo México, o 16 de xullo de 1945.

Detonáronse outras dúas bombas Fat Man máis durante as probas nucleares da operación Crossroads no atol Bikini en 1946. Entre 1947 e 1949 producíronse unhas 120 unidades de bombas Fat Man, ata que foron substituídas polo modelo Mark 4, e o deseño Fat Man foi finalmente retirado no ano 1950.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.