Fasta Åland (finés: 'Manner-Ahvenanmaa ou Ahvenanmanner') é a illa máis grande e máis poboada do arquipélago das illas Åland,[1] un numeroso grupo de illas localizadas en augas do mar Báltico e que integran unha provincia autónoma especial de Finlandia. A súa superficie é difícil de estimar debido á súa costa de forma irregular, pero as estimacións van desde 695 quilómetros cadrados[2] ou 879 km²[3] a máis de 1.010 km² dependendo do que estea incluído ou excluído, é a terceira máis grande de Finlandia (tras Soisalo e Sääminginsalo) e a 52ª de Europa.

Fasta Åland
Fasta Åland en Finlandia
Fasta Åland
Fasta Åland
Mapa dos concellos da illa (rotulada en finés)
Situación
PaísFinlandia Finlandia
Rexión autónomaÅland
ArquipélagoÅland
MarMar Báltico
Coordenadas60°08′53″N 19°47′18″L / 60.14806, -19.78833Coordenadas: 60°08′53″N 19°47′18″L / 60.14806, -19.78833
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie685 km²
Longura máxima50 km.
Largura máxima45 km.
Punto máis alto129 m. Orrdalsklint
Demografía
CapitalMariehamn (pob. 11.048)
Poboación28.905 hab. (2015)

A capital provincial Mariehamn está situada na illa e o noventa por cento da poboación insular vive nela. Fasta Åland é a maior illa do arquipélago (que ten máis de 1.010 km²) e representa máis do 70% da superficie terrestre da provincia. Mide aproximadamente 50 km. de longo de norte a sur e 45 km de largo de leste a oeste.

No lado leste de Fasta Åland existe unha gran baía, Lumparn, que agora se cre que é o cráter dun impacto dun meteorito de hai uns 100 millóns de anos.[4]

Notas editar

  1. "ÅLAND Kort & Gott startsida". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2010. 
  2. Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States of America: Reader's Digest Association, Inc. pp. 3. ISBN 0-89577-087-3. 
  3. Europe, Council of (2012-01-01). Biodiversity and Climate Change: Reports and Guidance Developed Under the Bern Convention (en inglés). Council of Europe. p. 251. ISBN 9789287170590. 
  4. Svensson, N.-B. (1993). "Lumparn Bay: A Meteorite Impact Crater in the Aland Archipelago, Southwest Finland". Meteoritics 28 (3): 445. Bibcode:1993Metic..28S.445S. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar