A fariña de peixe é un produto obtido do procesamento de peixe, eliminando o seu contido de auga e aceite. O aceite de pescado é un importante produto secundario.

Fábrica de fariña de peixe en Bressay, Shetland.

Cun 70 % ao 80 % do produto en forma de proteínas e graxas dixeríbeis, o seu contido de enerxía é notabelmente maior que moitas outras fontes de proteínas animais ou vexetais, xa que subministra unha fonte concentrada de proteínas de alta calidade e unhas graxas ricas en ácidos graxos omega-3, DHA e EPA, indispensábeis para o rápido crecemento dos animais.

Os principais produtores no mundo son Chile e o Perú.

Uso editar

Utilízase como ingrediente de alimentos para aves (poñedoras e de carne), porcos, ruminantes (gando vacún, ovino e caprino), e animais acuáticos (camaróns, peixes e outros), diminuíndo notabelmente os custos de produción industrial destes animais polo seu rápido crecemento, a súa mellor nutrición, a mellora da fertilidade e a notoria diminución de posíbeis enfermidades.

Requirimentos editar

De acordo con estudos realizados pola International Fishmeal and Fish Oil Organisation (IFFO), estimábase que para o ano 2013 os requirimentos de fariña de peixe elevaríanse a catro millóns de toneladas métricas, debido á variedade de aplicacións deste produto industrial.

O seu uso pode estar limitado pola dispoñibilidade ou o custo.

Principais mercados editar

Os principais mercados de consumo son a República Popular Chinesa e a Unión Europea, aínda que as exportacións se realizan a máis de cincuenta países polos dous produtores mundiais máis importantes, achegando estes o setenta por cento da oferta de fariña de peixe a nivel global. Na China utilízase a fariña de peixe sobre todo para a acuicultura.

No ano 2003, Chile e o Perú presentaron conxuntamente a súa protesta ante a Organización Mundial do Comercio (OMC), polas restricións á importación que, con fins proteccionistas, pretendía implantar a Unión Europea.

Riscos editar

A fariña de peixe pode presentar combustión espontánea, polo tanto débense ter as precaucións necesarias para previr este fenómeno cando se almacene ou transporte. Ditas precaucións esténdense, pero non están limitadas, a ventilación, distribución física e control de cambios de temperatura.