Fargo é un filme estadounidense dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1996. Está protagonizado por Frances McDormand que interpreta a unha oficial de policía embarazada de Minnesota que investiga uns asasinatos cometidos nunha estrada. Estes asasinatos ocorren despois de que un vendedor de coches (William H. Macy) contrate a dous criminais (Steve Buscemi e Peter Stormare) para que secuestren á súa muller e poder extorsionar cun rescate ó seu rico sogro (Harve Presnell).

Fargo
Ficha técnica
Título orixinalFargo
DirectorJoel Coen
Ethan Coen
ProdutorEthan Coen
Joel Coen
GuiónJoel Coen
Ethan Coen
IntérpretesFrances McDormand
William H. Macy
Steve Buscemi
Harve Presnell
Peter Stormare
MúsicaCarter Burwell
FotografíaRoger Deakins
MontaxeRoderick Jaynes
EstudioPolyGram Filmed Entertainment
Working Title Films
DistribuidoraGramercy Pictures
Estrea 8 de marzo de 1996
Galicia 5 de setembro de 2008 (TVG)
Duración98 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroDrama
Orzamento$7 000 000[3]
Recadación$60 611 975[3]
Na rede
IMDB: tt0116282 Filmaffinity: 336111 Allocine: 14928 Rottentomatoes: m/fargo Mojo: fargo Allmovie: v135867 TCM: 300505 Metacritic: movie/fargo TV.com: movies/fargo-1996
Facebook: Fargo Netlix: 493387Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 5 de setembro de 2008.[4]

Sinopse editar

Un home apoucado e tímido, casado coa filla dun millonario que lle impide desfrutar da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren á súa muller co fin de montar un negocio propio cos cartos do rescate. Pero, por unha serie de azarosas circunstancias, ó secuestro súmanse tres brutais asasinatos, o que obriga á policía a intervir.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "Fargo". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  2. 2,0 2,1 British Film Institute (ed.). "Fargo (1995)". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 5 de agosto de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Fargo (1996)". Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  4. "Fargo na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar