Falcón da raíña

Falcón da raíña

Falcón da raíña
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Falconidae
Xénero: Falco
Especie: F. eleonorae
Nome binomial
Falco eleonorae
Gene, 1839

O falcón da raíña[Cómpre referencia] (Falco eleonorae) é unha especie de ave de rapina da orde das falconiformes.

Morfoloxía editar

Semellante ó falcón pequeno, mais un pouco maior. En terra as ás chéganlle ó extremo da cola. Presenta dúas fases de plumaxe completamente diferentes. Unha de cor acastañada, case negra, e peteiro gris. A outra, a plumaxe presenta o dorso marrón, ventre claro e patas con plumaxe alaranxado. Macho e femia son iguais, agás no tamaño, sendo maior a femia.

Reprodución editar

 
Ovo de Falco eleonorae

Forman colonias de ata 50 parellas en acantilados ou paredes rochosas. Tamén no chan, naqueles illotes que estean despoboados. A posta consta de 2/3 ovos, realizándose en xullo.

Nutrición editar

No verán depreda sobre todo aves migratorias, as que caza en voo, especialmente rulas, reiseñores, carrizas ou picanzos. No inverno é practicamente insectívora, alimentándose de chicharras, lagostas e coleópteros.

Distribución editar

Illas Canarias orientais, Costa do Oeste marroquí, nordeste de Alxeria e Tunisia. Tamén presente en todas as illas do Mediterráneo. Realizan unha das migracións máis longas no reino animal. En outubro, cando os xuvenís son autónomos, viaxan ata Madagascar e illas veciñas, bordeando toda a costa oriental africana. Permanecen alí ata abril, no que tornan ós seus cuarteis de verán.

Notas editar


 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.