O FC Dallas é un equipo de fútbol dos Estados Unidos, da cidade de Dallas no estado de Texas. Xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer. O equipo foi fundado en 1995 baixo o nome de Dallas Burn. En 2005 cambiou de nome ao actual e comezou a exercer a localía no Toyota Stadium.

FC Dallas
NomeFootball Club Dallas
Alcume(s)Toros,Hoops, Burn
Fundación1995
EstadioToyota Stadium,
Frisco, Texas
Estados Unidos
Capacidade20.500
Propietario Clark Hunt
Adestrador Óscar Pareja
LigaMajor League Soccer
2014Oeste: 4º
Global: 6º
Playoffs: Semifinais de Conferencia
Na rede
http://www.fcdallas.com/
Facebook: FCDallasYouth Twitter: FCDallas Instagram: fcdallas Youtube: UCE2JDtOSy6R-9dwkGIWgyEA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O seu mellor resultado foi o subcampionato en 2010, aínda que acadou o primeiro posto da Confenrencia Oeste en dúas ocasións (2006 e 2015). Entre os mellores xogadores que pasaron polo equipo de Dallas están Jason Kreis, Mark Dodd e Matt Jordan.

Historia editar

Era Dallas Burn editar

O seu primeiro xogador oficial foi o internacional mexicano e ex xogador do Real Madrid, Hugo Sánchez. [1] Arquivado 28 de outubro de 2015 en Wayback Machine. O primeiro partido na MLS foi fronte o San Jose Clash. Jason Kreis foi o primeiro xogador que anotou un gol oficial cos Toros. Na tempada inicial da MLS o equipo logrou o segundo posto na fase regular pero foi eliminado na primeira ronda do play-off. No ano 1997 o Dallas Burn conseguía o seu primeiro título da historia, gañando a U.S. Open Cup. No ano 2000, clasificouse como os cinco anos anteriores para os play-offs da MLS, pero volveron a caer eliminados. O último ano como Dallas Burn, foi tamén o primeiro no que o equipo non conseguiu a clasificación para os playoffs.

Era FC Dallas editar

O primeiro ano tras o cambio de nome, o equipo texano rematou a fase regular no segundo posto da conferencia oeste. Pero foi eliminado dos playoffs, esa mesma tempada os siareiros de Dallas sufriron outra decepción ao sumar unha derrota na final da U.S. Open Cup[2] Arquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.. No ano 2006, gañaron por primeira vez a fase regular da liga, pero non conseguiron o campionato. Ao ano seguinte chegaron a final da U.S. Open Cup pero caeron fronte ó New England Revolution. [3] Arquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. As dúas tempadas seguintes non acadaron os postos de play-off durante a fase regular. No ano 2010 o equipo texano volveu ós play-offs da MLS tras dous anos de ausencia e ademais chegou á final da MLS Cup onde perdeu 2-1 fronte ó Colorado Rapids cun gol en propia no tempo de engadido. Ese ano David Ferreira foi nomeado como mellor xogador da MLS. Como chegaron á final, a tempada seguinte os de Dallas xogaron a Liga de Campións da CONCACAF pero caeron na fase de grupos. No ano 2013, coincidindo coa chegada de xogadores destacados das ligas europeas á Major League Soccer os Burn asinaron ó ex-céltico Peter Luccin.

Xogadores [4] editar

Posto País Xogador
1 POR   Dan Kennedy
3 DEF   Moises Hernandez
4 DEF   Bakary Soumare
5 MED   Ezequiel Cirigliano
7 DEL   Blas Pérez
8 MED   Victor Ulloa
9 DEL   David Texeira
10 DEL   Mauro Diaz
11 DEL   Fabian Castillo
12 MED   Ryan Hollingshead
13 DEL   Tesho Akindele
14 MED   Atiba Harris
16 DEL   Coy Craft
17 DEF   Zach Loyd
Posto País Xogador
18 POR   Chris Seitz
20 MED   Rolando Escobar
21 MED   Michael Barrios
22 DEF   Stephen Keel
23 MED   Kellyn Acosta
24 DEF   Matt Hedges
25 DEF   Walker Zimmerman
26 MED   Danny Garcia
27 MED   Je-Vaughn Watson
29 MED   Alex Zendejas
31 DEF   Michel
36 DEF   Otis Earle
44 POR   Jesse Gonzalez

Títulos editar