Führer[1] (pronunciación alemá: [ 'fy.ʀɐ ]) é unha palabra alemá que significa "xefe, líder" (Der Führer, o líder, guía ou condutor). En contraposición á crenza popular, non é sinónimo de "ditador" e na actualidade úsase comunmente en Alemaña para referirse a líderes de calquera tipo en calquera área. O seu significado no caso de Adolf Hitler é o de Guía do Pobo Alemán espiritual, política e militarmente.

Cando se usa fóra do idioma alemán, adoita referirse a Adolf Hitler, máxima autoridade da Alemaña nazi. Este foi o título e o grao xerárquico militar elixido por Hitler despois de que en Alemaña se estabelecese o Führerprinzip, ou "principio de autoridade", segundo o cal o Líder era o único responsable de concentrar todos os poderes na súa persoa, encarnar o estado e ser xefe do partido único, neste caso o Partido Nazi.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar