Fútbol praia

variante do fútbol

O fútbol praia é unha variante do fútbol que se xoga sobre unha superficie de area lisa, entre dous equipos de cinco xogadores cada un, e cuxo obxectivo é marcar máis goles que o equipo contrario. Este deporte ten como obxectivo o lecer e o espectáculo, máis cá competitividade.

Partido de fútbol praia en Israel.
Partido en Santiago de Compostela.

Diferenzas co fútbol editar

As principais diferenzas entre o fútbol praia e o fútbol tradicional son:

  • No fútbol praia hai tres tempos de doce minutos. O reloxo párase cando o árbitro sinala un tiro libre directo, un tiro de penalti, ou que un xogador está perdendo tempo.
  • Todos os tiros libres son directos. Cando se saca un tiro libre, ningún xogador, excepto o porteiro, poderase situar no ángulo entre os paus e a pelota. É dicir, non existe a barreira.
  • Se un xogador ve o segundo cartón amarelo, mostraráselle o cartón azul, que o expulsará durante dous minutos do terreo de xogo. O cartón vermello mostrarase se un xogador ve un terceiro cartón amarelo.
  • O saque de banda pódese realizar tanto coas mans coma cos pés.

Terreo de xogo editar

O terreo de fútbol praia estará constituído por unha superficie lisa de area, delimitada por cintas de cor azul. As súas medidas serán de 36 x 27 metros, cunha variación máxima de 1 m. As diferentes zonas do terreo de xogo (metades do campo, áreas penais ...) faranse mediante liñas imaxinarias que unen dúas bandeiras vermellas ou amarelas situadas a un metro no exterior do terreo de xogo. As porterías deberán ser de cor amarela fluorescente, e medirán 5,5 metros de ancho por 2,2 metros de alto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar