Fósforo vermello

O fósforo vermello é unha das formas alotrópicas do fósforo elemental. Trátase dunha substancia amorfa, de cor vermello, pouco soluble en auga e disolventes orgánicos habituais. Contrariamente ao fósforo branco, non é soluble en disulfuro de carbono e non é tóxico.

Datos fisicoquímicos editar

Fórmula: P

Masa molecular: 30,974 g/mol

Densidade: aprox. 2,16 g/ml

Punto de fusión: 585 - 610 °C

Nº CAS: 7723-14-0

Reaccións xerais editar

En contacto con substancias oxidantes transformase cunha reacción moi violenta e ás veces explosiva, en pentóxido de fósforo, formando fume branco.

O fósforo vermello transfórmase no fósforo branco a 250 - 270 °C ou forte irradiación con luz. Pode ser reconvertido en fósforo branco por quentamento en condicións inertes, por exemplo, baixo unha capa de aceite. Aínda que se trata da forma de fósforo producida en maiores cantidades industrialmente sábese pouco da súa estrutura molecular. Probablemente se trata dun polímero con estruturas parciais en capas parecidas ás atopadas no fósforo de Hittdorf, onde todos os átomos de fósforo están unidos a outros tres átomos do mesmo elemento.

Aplicacións editar

En química o fósforo é empregado nalgunhas reaccións como axente redutor. Por exemplo, en presenza de trazas de iodo como catalizador é capaz de reducir clorosulfonatos en mercaptanos. Tamén é un importante composto de partida para a síntesis de diversos compostos deste elemento, dende o tricloruro de fósforo, o pentacloruro de fósforo ata subsecuentemente as fosfinas etc.

Tamén se emprega nos mistos, onde produce a ignición dos mesmos en contacto con clorato de potasio.