Ezkaroze (tamén oficial en castelán: Ezcároz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 84 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 329 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 29,27 km² e a súa densidade de poboación é de 11,58 hab/km².

Modelo:Xeografía políticaEzkaroze
Ezcároz (es)
Ezkaroze (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°53′48″N 1°03′59″O / 42.89668876, -1.06644389Coordenadas: 42°53′48″N 1°03′59″O / 42.89668876, -1.06644389
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
ComarcaPirinioak (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalEzcároz-Ezkaroze (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación299 (2023) Editar o valor em Wikidata (10,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie29,27 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude742 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan José Layana Barber Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31690 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE31093 Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situación editar

A localidade de Ezkaroze atópase na parte nordés de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra (Vales Pirenaicos), na comarca xeográfica de Roncal-Salazar e na zona central do Val de Salazar. Está a unha altitude de 742 msnm. O seu termo municipal abrangue unha superficie de 29,27 km² e limita ó norte co concello de Otsagabia, ó leste co de Uztarroze, ó sur co de Orontze e ó oeste co de Jaurrieta.[1]

Cultura editar

Símbolos editar

O escudo de armas da vila de Ezkaroze ten o seguinte brasón:

Trae de goles e un lobo de sable coas unllas douradas, que ten atravesado na boca un cordeiro de prata cos cornos dourados.

Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo, de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos.[2]

Servizos públicos editar

Sanidade editar

Atención primaria

O concello de Ezkaroze pertence á Área II de Saúde de Navarra Leste e á Zona Básica de Saúde do Val de Salazar, a cal comprende os concelos de: Navascués, Sartze, Ezkaroze, Itzaltzu, Galoze, Espartza Zaraitzu, Jaurrieta, Gorza, Orontze e Otsagabia.

O centro de saúde desta zona atópase situado nesta localidade.[3]

Atención hospitalaria

O concello pertence á área de Pamplona, onde hai 2 hospitais de nivel terciario, un hospital monográfico de ortopedia e rehabilitación na localidade de Elkano, 4 centros ambulatorios de atención especializada, 3 en Pamplona e un en Tafalla, e 7 centros de saúde mental, 5 en Pamplona, un en Burlada e outro en Tafalla.

Notas editar

  1. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Ezcároz". Gran Enciclopedia Navarra. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2018. {
  2. OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 288, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa I. Gobierno de Navarra. p. 19. ISBN 84-235-0076-4. 
  3. Gobierno de Navarra (ed.). "Ley Foral 22/1985, de 13 de noviembre, Por la que se establece la zonificación sanitaria de Navarra". Boletín Oficial de Navarra. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar