O ext2 ou segundo sistema de ficheiros estendido foi o sistema de ficheiros padrón utilizado no sistema operativo Linux durante moito tempo e aínda hoxe. Foi deseñado inicialmente por Rémy Card, quen se baseou en conceptos do sistema de ficheiros estendido. É bastante rápido, tanto como para ser o padrón contra o que se realizan moitas probas de comparación (benchmarks). A súa principal desvantaxe é que non é un sistema de ficheiros con xornal. O seu sucesor, o ext3 si ten un xornal e é compatíbel co ext2.

Estrutura editar

Grupos de bloques editar

Cada bloque contén:

  • Súper bloques
  • Descritores do sistema de ficheiros
  • Bitmap de bloques
  • Bitmap de inodos
  • Táboa de inodos
  • Bloques de datos

Súper bloque editar

Un súper bloques contén:

  • Número de inodos
  • Número de bloques
  • Conta dos bloques reservados
  • Número do primeiro bloque de datos
  • Tamaño dos bloques
  • Tamaño dos fragmentos
  • Número de bloques por grupo
  • Número de fragmentos por grupo
  • Número de inodos por grupo
  • Hora de montaxe
  • Hora de escrita
  • Conta das montaxes
  • Conta máxima de montaxes
  • Sinatura máxica
  • Estado do sistema de ficheiros: válido (desmontado limpamente) ou erro
  • Comportamento na detección de erros
  • Nivel de revisión menor
  • Hora á que se comprobou o ficheiro por última vez
  • Tempo máximo entre comprobacións
  • Usuario e ID do grupo por omisión para os bloques reservados

Inodos editar

Un inodo contén:

  • Modo do ficheiro: permisos de lectura, escrita e execución
  • ID do propietario
  • Tamaño do ficheiro en bytes
  • Hora do último acceso (atime)
  • Hora de creación (ctime)
  • Hora de modificación (mtime)
  • Hora de eliminación (dtime)
  • ID do grupo
  • Conta de ligazóns
  • Conta de bloques
  • Bandeiras
  • Bloques empregados
    • Bloques directos
    • Bloques indirectos
    • Bloques indirectos dobres

Directorios editar

Un bloque contén unha lista de números de inodos e nomes de entradas de directorios.

Ficheiros editar

Simplemente un grupo de bloques. O número de bloques armacénase no inodo do ficheiro. Non hai número máxico ou semellante, son só bloques crus de datos.

Vínculos editar

Vínculos duros e brandos

Ficheiros especiais editar

Créanse con mknod: ficheiros especiais de bloque e de carácter FIFOs

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar