Expreso de medianoite

filme de 1978 dirixido por Alan Parker

Expreso de medianoite (en inglés: Midnight Express) é un filme dramático dirixido por Alan Parker, producido por David Puttnam e protagonizado por Brad Davis, Irene Miracle, Bo Hopkins, Paolo Bonacelli, Paul L. Smith, Randy Quaid, Norbert Weisser, Peter Jeffrey e John Hurt. Baséase no libro autobiográfico de Billy Hayes Midnight Express que foi adaptado en guión por Oliver Stone.

Expreso de medianoite
Ficha técnica
Título orixinalMidnight Express
DirectorAlan Parker
ProdutorAlan Marshall
David Puttnam
GuiónOliver Stone
Baseado enMidnight Express de Billy Hayes
William Hoffer
IntérpretesBrad Davis
Randy Quaid
John Hurt
Paul L. Smith
Irene Miracle
MúsicaGiorgio Moroder
FotografíaMichael Seresin
MontaxeGerry Hambling
EstudioCasablanca FilmWorks
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea6 de outubro de 1978
Duración121 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Francia
Turquía Turquía
XéneroDrama
Orzamento$2 300 000
Recadación$35 000 000[1]
Na rede
IMDB: tt0077928 Filmaffinity: 830905 Allocine: 243 Rottentomatoes: m/midnight_express Mojo: midnightexpress Allmovie: v32561 TCM: 4711 Metacritic: movie/midnight-express TV.com: movies/midnight-express Netlix: 759396Editar o valor em Wikidata

Hayes era un estudante estadounidense enviado a un cárcere turco por tentar facer contrabando haxix fóra de Turquía. O filme desvíase do libro na representación dos turcos e obtivo algunhas críticas, incluída a do propio Billy Hayes. Posteriormente, tanto Stone como Hayes expresaron o seu arrepentimento no xeito no que os turcos foron representados no filme.[2][3] O título do filme é un termo que quere dicir o intento dun preso de fuxir.

Expreso de medianoite foi estreado o 6 de outubro de 1978. Despois da súa estrea, o filme recibiu críticas positivas, sendo especialmente eloxiada a interpretación de Davis, así como o guión, a dirección e a banda sonora de Giorgio Moroder. Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 9 de xuño de 1995.[4]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Midnight Express, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  2. Smith, Helena (16 de decembro de 2004). "Stone sorry for Midnight Express". The Guardian. Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  3. Flinn, John (9 de xaneiro de 2004). "The real Billy Hayes regrets 'Midnight Express' cast all Turks in a bad light". San Francisco Chronicle. Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  4. La Voz de Galicia, 9 de xuño de 1995. Páx. 79

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar